Carballo a un paso

Compartir:

As bicis invaden as rúas e estradas do municipio co Trofeo Concello de Carballo

O sábado 28 de maio os mellores corredores e corredoras de toda Galicia participan nunha proba que xa é unha cita tradicional no calendario galego

As bicis invaden un ano máis as rúas e estradas do municipio coa celebración do Trofeo Ciclista Concello de Carballo 2016. Arredor de 150 corredores de toda Galicia participan o sábado 28 de maio nesta proba na que participan ciclistas das categorías Femias, Cadetes e Escolas. Una festa do deporte que ademais conta cuns premios moi especiais, xa que as persoas con diversidade funcional de Aspaber foron as encargadas de elaborar os 40 trofeos que se repartirán.

Respecto dos percorridos, para os cadetes é de 52,7 quilómetros e principia ás 17.00 horas; as escolas (alevíns e infantís) realizan un circuíto urbano a partir das 18.45 horas e para que nin os máis pequechos e pequechas queden sen participar, os principiantes realizan unha proba de habilidade na Praza do Concello.

Proba con categoría feminina

Ademais, o trofeo carballés é unha das tres únicas probas do calendario galego que conta cun percorrido exclusivamente para a categoría feminina, algo digno de mención xa que, por norma xeral, compiten conxuntamente cos rapaces. Neste caso realizarán unha ruta de 32,4 quilómetros a partir das 15.30 horas.

A proba conta con dous premios especiais, tanto na categoría de Femias coma na de Cadetes, que son Meta Voante, patrocinada por Panadaría Añon, e Sprint Especial, patrocinado por Rumacru SL. A saída, a meta e a zona de quecemento estará situada na rúa Gran Vía á altura do Mercado; o parque pechado na Praza do Concello e a oficina permanente na Casa do Concello.

Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo un documento en pdf cos rutómetros e toda a información de interese da proba.

Non o dubidedes, collede as bicis e achegádevos á Praza do Concello para gozar do espectáculo!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica