Carballo a un paso

Compartir:

Contos de taberna

Catorce autores e autoras da zona escribiron cadanseu texto sobre un local carballés. Do 23 de abril ao 17 de maio poderás conseguilos indo de tabernas.

Se as tabernas falaran, canto nos terían que contar… Pois en Carballo imos facer que falen. A iniciativa "Contos de taberna" petou á porta de catorce estabelecementos da vila, de catorce escritoras e escritores da zona, e de outr@s tant@s ilustradores/as e propúxolles o seguinte: que cada autor escribira un conto inspirado en cada un dos locais e ilustrado por un artista local. Os resultados poderémolos coñecer entre o 23 de abril, Día do Libro, e o 17 de maio, Día das Letras. E como? Acudindo aos locais participantes e facendo un gasto mínimo de 15 euros, ou tres almorzos en cafetarías, conseguirás o conto ficcionado sobre ese estabelecemento. 

Se queres ver aos creadores e ás creadoras en directo, cada conto será lido e presentado no seu respectivo local polo dúo artístico-literario que o levou a cabo. Se consegues reunir todos os contos, no Concello regalaranche unha caixiña especial onde poder gardalos. Esta é unha das iniciativas do programa Quedamos en Carballo, que ao longo deste ano, e da man da Concellería de Promoción Económica de Carballo, está a levar a cabo diversas accións que botan man da cultura para promocionar o noso comercio. Porque en Carballo queremos demostrar que a cultura é tamén motor económico.

As plumas

Os textos están escritos por un grupo amplo de creadoras e creadores vinculados a Carballo, do que participan Ignacio Silva, Santi Garrido, Xurxo Borrazás, Ramón Vilar Landeira, Fernando Cabeza Quiles, Cristina Abelleira, Mercedes Queixas, Henrique Mariño, Alberto Varela Ferreiro, Xosé Antón Andrade, Paco Souto, María Canosa, Rosalía Fernández Rial e Beatriz Fraga.

Os textos serán ilustrados por varias e varios artistas vinculados á zona, ben por teren nacido aquí, ben por teren participado en iniciativas, como "Derrubando muros con pintura", ligadas á capital bergantiñana. Participan na iniciativa cos seus debuxos Roberta Venanzi, Mon Lendoiro, Eva Facal, Paula Fraile, Antonio Taracido, Emi de las Heras, Cristina Castro, Antonio Reino, Santi Picos, Alberto Varela Ferreiro, Milagros Cotelo, Pedro Tasende, Lidia Cambón e O´Mighelo.

As tabernas

Os locais participantes, para que vaias tomando nota do itinerario tabernario, son o a cafetería Abastos, Kasa Klandestino, o Café Cervantes, Ánfora, Mesón do Pulpo, A Cova, A de Pako, Ágora, Valle Inclán, a Bombonera, A Pedra, O Pescador, A Cabaña e O Mexillón.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica