Carballo a un paso

Inicio // Que facer // De noite

Compartir:

Carballo de noite

A nosa vila é un dos focos de atracción do venres noite, con oferta para distintas idades, gustos musicais e formas de saír

A nosa vila é un dos principais focos de atracción da movida do venres noite. Chega a estes lares xente de toda a Costa da Morte, da área metropolitana da Coruña e mesmo doutros puntos de Galicia.

Para distintas idades, gustos musicais e formas de saír, en Carballo hai un sitio para cadaquén: para quen guste da música electrónica, da música latina, de sons máis alternativos e mesmo doutros ritmos.

Pub carballés

Venres noite en Carballo

Os nosos locais están entre os mellores de Galicia: decoración coidada ao detalle, modernas instalacións, ambiente agradable e excelente equipamento técnico de imaxe e son.

Son numerosas as cervexarías e locais onde podes tomar algo ao comezo da noite, que has de continuar na zona de marcha por excelencia, a rúa da Estrela, ou nos pubs que poderás atopar noutros puntos da vila. Concertos ao vivo e programación cultural complementan a oferta dos locais ao longo do ano.

Carballo conta ademais cun amplo abano de cafetarías, cervexarías, restaurantes e outros locais onde picar, falar de vagar e repoñer forzas. Co bo tempo, as terrazas toman a rúa. Ha de prestarche facer un descanso nunha das terraciñas do centro mentres observas o animado ir e vir da xente na que é unha das súas zonas comerciais máis concorridas da vila.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica