Carballo a un paso

Compartir:

Volve o programa de turismo consciente Eu ❤️ Razo-Baldaio

Andainas, rutas, obradoiros, saídas, limpeza de praias: actividades de balde para coñecer mellor a costa carballesa e a natureza este verán

Arroaz de plástico elaborado con material reciclado situado na praia de Pedra do Sal

Arroaz de plástico elaborado con material reciclado situado na praia de Pedra do Sal | 📷 Concello de Carballo

2 de xullo de 2021 - Se eres das e dos que prefire coñecer as praias e o medio natural antes que estar deitado na tumbona; ou se queres descansar da sombrilla e aprender máis sobre a contorna natural, este verán tes unha cita coas actividades do programa Eu ❤️ Razo-Baldaio, que chega á súa terceira edición despois de dous anos cunha excelente acollida. O obxectivo desta iniciativa é crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Rutas, obradoiros sobre flora e fauna, saídas nocturnas e ornitolóxicas, coñecer o patrimonio da costa carballesa ou mesmo colaborar coa limpeza da nosa costa son algunhas das actividades nas que podes participar este verán. Así que, se durante os meses de xullo e agosto estás por Carballo ou arredores e queres coñecernos dun xeito diferente, anímate a participar! Todas as citas son de balde! (*aínda que con inscrición previa polos límites de aforo).

Todas as citas son de balde e se desenvolverán os mércores e sábados de xullo e agosto

Ademais, nesta edición de 2021 realizaranse algunhas accións para sensibilizar á poboación da importancia que ten a redución do uso do plástico. Serán sen previo aviso e consistirán en detectar os microplásticos existentes nos areais do mundo e que pasan desapercibidos. Nesta mesma liña, a ao igual que en anos anteriores se teñen realizado esculturas de material reciclado para afondar na concienciación, este ano crearase unha escultura en madeira reciclada de árbores enfermas dos xardíns municipais, deseñada polo artesán carballés Fabián Lage, para poñer en valor un escarabello que está en vías de extinción nos nosos areais.

CALENDARIO COMPLETO DE ACTIVIDADES

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición, xa que van a ser grupos moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e o uso sustentable que queremos promover na mesma. A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

* Podedes acceder aos formularios de inscrición e a info detallada sobre cada cita clicando no título de cada unha delas

Eu ❤️ Razo-Baldaio

XULLO

AGOSTO


ACCIÓNS SORPRESA!! Realizaranse ao longo do verán accións sorpresa de identificación de microplásticos na area da praia.

O programa Eu ❤️ Razo-Baldaio volve a contar con entidades ambientais que desde hai anos veñen desempeñando unha imprescindible acción de compromiso coa sustentabilidade da nosa costa dando a coñecer o noso litoral, así como as mellores formas de protexelo son AdegaHábitat e Senda Nova. Tamén colaboran co programa AspaberEcovidrioSuloAcciona e Construcciones López Cao.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade. Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

Rogamos aos participantes de cada actividade que respecten as normas de seguridade e prevención, tales como distanciamento interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

Debido as restricións de aforo, as prazas serán limitadas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica