Carballo a un paso

Compartir:

Este verán, le coa Praia dos Libros!

Entre o 1 e o 15 de xullo as librarías Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo ofrécenche a mellor lectura ao mellor prezo

Praia dos Libros

1 de xullo de 2021 - Carballo celebra cada ano no mes de xullo a Praza dos Libros, unha feira literaria que en 2020 non puido celebrarse por mor da pandemia pero que este ano volve, cun formato diferente, para seguir apostando pola promoción da lectura e polas librarías. Por ese motivo, este ano celebramos a Praia dos Libros, unha campaña que terá lugar entre o 1 e o 15 de xullo coa colaboración das librarías: Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo. Durante estes quince días, por cada compra de 15 euros ou máis nas librarías adheridas recibirás un rasca co que poderás gañar vales desconto de 15 euros para seguir mercando no mesmo establecemento. E todas elas recibirante cun 5% de desconto nos libros que merques, agás os de texto, e os días 9, 10 e 11 ese desconto incrementarase ata o 10%.

Os descontos poden ser do 5 ou o 10% e podes gañar vales por valor de 15€ para comprar máis libros

Así que, achégate a Carballo e merca libros, merca cultura e asómbrate coa lectura! Ademais, esta campaña é só o principio, porque este verán queremos darche todas as facilidades para que poidas mergullarte no apaixonante mundo da lectura, como fai a protagonista do noso cartel, a deportista Elena Vázquez, futbolista do Bergantiños que xa ten sido convocada para xogar coa selección galega en varias ocasións. Fai coma ela, le e atentos e atentas á nosa web e redes sociais!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica