Carballo a un paso

Compartir:

Rutas, obradoiros, andainas nocturnas: coñece e protexe a nosa costa con Eu ❤️ Razo-Baldaio

Se visitas Carballo este verán tes á túa disposición preto de 20 actividades gratuítas polo litoral a prol da natureza e do turismo sustentable

Escultura de Eu quero Razo-Baldaio 2019

Escultura de Eu ❤️ Razo-Baldaio 2019 | 📷 Turismo Carballo

Se tes paixón pola natureza e queres pasar un verán ao aire libre ao mesmo tempo que coidas o patrimonio natural, propoñémosche Eu ❤️ Razo-Baldaio. Trátase dun programa de actividades que se desenvolven na costa do noso municipio e que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Esta é a segunda edición desta iniciativa que o ano pasado tivo moito éxito e conseguiu contar con numerosos participantes en cada unha das propostas. Así que, se durante os meses de xullo e agosto estás por Carballo ou arredores e queres coñecernos dun xeito diferente, anímate a participar! Todas as citas son de balde!

As citas desenvolveranse -por norma xeral- todos os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto e inclúen andainas, obradoiros, xornadas para aprender máis sobre a flora e fauna do noso litoral, dúas rutas nocturnas, e tamén xornadas de limpeza e recollida de plásticos. Todas as actividades teñen un número de participantes moi reducido, debido ao interese por non degradar o espazo natural, co cal todas aquelas persoas tanto de Carballo como de fóra deberán inscribirse online na páxina web do proxecto o antes posible. Ademais, o programa complétase con actividades coas que sensibilizar á poboación da importancia que ten a redución do uso do plástico e que terán lugar sen previo aviso. Consistirán en detectar os microplásticos existentes nos areais do mundo e que nos pasan desapercibidos.

Nova escultura: un arroaz

Todas as citas son de balde e terán lugar os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto

O ano pasado, unha das actividades do programa que perdurou no tempo foi a creación dunha escultura colectiva, unha "Píllara das dunas" en vimbio que pretende simbolizar a loita para protexer esta ave autóctona, e con ela a fauna da nosa costa. Nesta mesma liña, este ano está previsto crear a escultura dun “Arroaz” pero en lugar de usar vimbio, usarase fío de plástico que será xerado polos usuarios e usuarias de Aspaber (Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños) nas súas casas, por medio dunhas ferramentas manuais específicas, deseñadas polo artesán carballés Fabián Lage. Este fío será usado nun obradoiro para confeccionar a escultura baixo a dirección de Inés Rodríguez, unha artesá especializada en tecer con novos materiais.

CALENDARIO COMPLETO DE ACTIVIDADES

* Podedes acceder aos formularios de inscrición e a info detallada sobre cada cita clicando no título de cada unha delas

Xullo

Agosto

As entidades que este ano colaboran con Eu❤️ Razo-Baldaio e que desde hai anos veñen desempeñando unha imprescindible acción de compromiso coa sustentabilidade da nosa costa dando a coñecer o noso litoral, así como as mellores formas de protexelo son AdegaHábitat e Senda Nova. Tamén colaboran co programa Aspaber, Ecovidrio e Sulo.

PREVENCIÓN CONTRA A COVID-19

Segundo o acordo sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superado o Plan para a transición cara a unha nova normalidade todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición a ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente esixible ás/aos titulares de calquera actividade. Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19.

Rogamos aos/as participantes de cada actividade que respecten as normas de seguridade e prevención, tales como distanciamento interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física co uso de máscara.

Debido as restrincións de aforo, as prazas serán limitadas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica