Carballo a un paso

Compartir:

O noso mercado tradicional: con todas as medidas de seguridade

Dende o domingo 10 de maio Carballo celebra as súas feiras e mercados con todos os protocolos de prevención contra a COVID-19

Feira

As feiras celébranse seguindo os requerimentos de seguridade | 📷 Turismo Carballo

O Carballo máis tradicional déixase ver de cotío na feira que se celebra todos os xoves e os domingos - segundos, cuartos e quintos domingos de mes - na Praza do Concello. O pan de Carballo, as cebolas, os allos, o repolo e as nabizas ou as patacas son só algúns dos produtos que é posible adquirir, listos para ser consumidos con todo o seu sabor. Con motivo da crisis da COVID-19, estes mercados tradicionais estiveron suspendidos durante dous meses, pero dende o domingo 10 de maio volven a celebrarse con todas as garantías de seguridade: mascarillas, pantallas, distancia social e guantes son as medidas básicas que deben adoptar tanto as e os feirantes coma usuarios.

Ademais, a administración local ten adoptado novas normas de prevención:

  • Menos postos redistribuidos en toda a Praza do Concello para garantir as distancias establecidas pola Xunta de Galicia, de 6 ou 4 metros entre os distintos postos.
  • Control do acceso para evitar aglomeracións.
  • Os vendedores acoden coas súas propias mascarilla e luvas, ademais de facer unha xestión correcta dos residuos que xeran.
  • Os compradores deben adoptar tamén as medidas de seguridade e hixiene necesarias, gardando a distancia de seguridade de 2 metros ou usando mascarillas. Ademais, non poden en ningún momento tocar os produtos expostos.
  • Só se venden produtos de alimentación, plantas e flores.
  • Por último, o mercadillo da Milagrosa, centrado na venda de prendas de vestir e téxtil en xeral, polo de agora permanece pechado.

Mercado de abastos

Ademais, hai que lembrar que o Mercado Municipal continúa aberto ao público co horario establecido dende o inicio do estado de alarma, de 08.00 a 15.00 horas, e tamén coas condicións de hixiene e seguridade que se veñen aplicando dende o primeiro momento.

Así, está pintado un perímetro de seguridade en cada posto para reforzar as medidas de prevención contra o coronavirus no Mercado. Ademais, instaláronse carteis informativos, lévanse a cabo desinfeccións en días alternos e realízase unha limpeza diaria exhaustiva de cada un dos postos e dos espazos comúns.

Por parte da cidadanía prégase que se adopten as medidas pertinentes, sobre todo no que respecta á distancia de seguridade e á prohibición de tocar os alimentos. Entre todos podemos seguir desfrutando sen riscos dos mellores produtos da nosa terra.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica