Carballo a un paso

Compartir:

Volve a Carreira de Obstáculos Millagrosa!

O sábado 31 de agosto o barrio transfórmase nun circuíto no que nenos e adultos desfrutan do atletismo e das carreiras de obstáculos

III Desafío Millagrosa

Un ano máis as rúas de Carballo convértense no circuíto para a Carreira de Obstáculos Millagrosa, a única da contorna mesta modalidade. Xa na súa terceira edición, esta cita conta con modalidades para adultos e para nenos e nenas (a partir de 16 anos) nunha proba deportiva na que outro dos grandes obxectivos é pasalo ben. Será o sábado 31 de agosto a partir das 9.30 horas e cun número máximo de 110 corredores. Pasar a través dun coche desmontado, por pacas de palla, cruzar andamios, zonas de reptado e equilibrio, ramplas engraxadas, foxos de auga... Son só algúns dos atrancos que deberán superar os e as participantes na proba durante os 1.000 metros de percorrido polo barrio da Milagrosa.

No caso da modalidade de adultos e menores de idade, a carreira disputarase por un sistema de quendas cada 10 minutos, e cada unha delas constará de 10 corredores apoximadamente. A orde de saída será por orde de inscripción. No caso da modalidade por equipos, estes estarán compostos por 4 participantes de forma mixta. Ainda que o equipo participe en distintas quendas, sumaranse os tempos de cada un dos integrantes. A proba será cronometrada e estará regulada por Xuices Árbitros da Federación Galega de Atletismo. Respecto dos vencedores, todos os corredores que rematen a proba terán unha medalla; haberá trofeos para os tres primeiros homes e trofeos para as tres primeiras mulleres e medallas para todos os integrantes dos tres primeiros equipos.

INSCRICIÓNS

As e os interesados poden inscribirse na proba até o mércores 28 de agosto. O custe para os participantes é totalmente gratuíto. A inscrición pode facerse na web <carreirasgalegas.com> clicando AQUÍ.

A proba está organizada pola Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa de Carballo, a Asociación Cultural e Deportiva “A Milagrosa” e o Concello de Carballo.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica