Carballo a un paso

Compartir:

"Colaborar e traballar xuntos fai medrar a cultura musical en Carballo"

Entrevista a Pedro Ramos e Inés Blanco, batería e voz de Apart

Inés Blanco e Pedro Ramos,  a voz e a batería da banda carballesa Apart, responderon ás preguntas de Turismo Carballo sobre o seu próximo traballo.  Xunto co resto do grupo, presentarán este sábado en A Barra Bar o seu primeiro EP, "Waiting so long", un álbum moi carballés. Explícannos o porqué.

-Que fai deste un EP tan carballés?

-Tendo tantos recursos dispoñibles no noso pobo resultounos obvio utilizalos. Por iso, a foto da portada está tomada na Praia de Razo por Laura Cotelo, natural de Carballo. E para os coros ocurréusenos chamar a Pepa Arán, tamén carballesa.

-Dise na vosa web que as catro cancións que o conforman intentan resumir os diferentes sons do voso grupo. Como son eses sons?

-Sinceramente penso que o noso son está moi relacionado coa música que escoitamos ao longo da nosa vida. Trátase dunha mestura de todo isto, e sempre buscando unha identidade propia.

-Como é o proceso de composición dunha peza de Apart?


-Normalmente un de nos trae unha idea ao ensaio e entre todos desenvolvémola. Moitas veces o resultado ten pouco que ver coa idea orixinal.

A pegada carballesa

No Rockin (foto de Roberto Rey)

No Rockin (foto de Roberto Rey)

-De onde xorde Apart?

-Dun grupo de amigos con inquietudes similares e pasión pola música que busca unha maneira de entreterse e pasalo ben.

-A onde quere chegar?

-Canto máis alto mellor.

-Cal é o seguinte paso que vos gustaría dar?

-Dar moitos concertos en salas e festivais, ampliando fronteiras, e chegar a publicar un álbum o próximo ano.

-Que supuxo 2014 nas vosa carreira?

-O 2014 foi o ano de debut do grupo. Demos o noso primeiro concerto en febreiro e poucos meses despois atopámonos presentando un EP. Polo tanto, foi moi produtivo.

-Que supuxo para vós participar en festivais locais como o Rockin ou o Sereas e Piratas?

-Foi algo moi positivo porque nos deron a oportunidade de compartir cartel con outras bandas nacionais e tocar para un público máis grande e variado.

-Como vos influíu Carballo a nivel musical?

-Afortunadamente en Carballo hai moitos lugares onde escoitar música en directo, como A Reserva ou a Sala Dublín. Isto, xunto coas escolas que hai no nosa vila, facilitounos o aprender a desenvolver as nosas propias ideas.

-Cales son para vós os referentes?

-Non temos un referente claro. Cada un ten os seus gustos pero creo que todos coincidimos nas grandes bandas do Rock internacional.

-E os vosos referentes locais?

-Directa ou indirectamente os grupos locais influíron no noso traballo. Dende que empezamos, fixemos concertos con Arabian Evils, Lowcos, The Gentleman Band, Portakomporta, etc. Colaborar e traballar xuntos fai  medrar a cultura musical en Carballo.

-Por que a escolla do inglés para cantar?


-A música que sempre escoitamos está en inglés. Por iso preferimos facelo neste idioma.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica