Carballo a un paso

Compartir:

Arte e artesanía local en Mercarte

Exposición de creadores e creadoras da zona e obradoiros infantís no segundo andar do Mercado

Artistas e artesáns locais están a expoñer a súa obra esta fin de semana no segundo andar do Mercado municipal, un amplo espazo que se está a revelar idóneo para a realización de eventos culturais, como foi o caso, no pasado outono, dalgunha das representacións teatrais do FIOT. 

Cada artista contará cun orixinal stand propio, construído con andamios de obra. E, mentres a xente maior mira e remira neste peculiar mercado, non de produtos frescos do día, senón de obras artísticas, @s peques da casa, e tamén algún adulto que non perdera a ilusión de enzoufar as mans entre pinturas, barro ou teas, poderán sacarlle punta ás súas habilidades nos numerosos obradoiros que ao longo da finde están a organizar as e os creadores participantes, como os de anxos de papel, postais de Nadal, gravado, afieltrado, debuxos con ceras, pintura con xornais, iniciación á cerámica e pintura de pedras.

Podes consultar no documento abaixo adxunto os horarios e todos os detalles da programación.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica