Carballo a un paso

Compartir:

Dani Sordo: "Este é un circuíto bonito. Combina zonas moi rápidas con frenadas fortes"

Dani Sordo no V Autocross de Carballo

Dani Sordo no V Autocross de Carballo

Esta fin de semana tivemos en Carballo a Dani Sordo, o piloto oficial de Citröen no campionato de Rallyes. Sordo competíu no V Autocross de Carballo, a terceira carreira mellor valorada das que compoñen o Campionato de España, en dúas modalidades, Car Cross e Monoprazas 4x4 (División III). Aproveitamos para falar con el xusto ao rematar a final B de Car Cross. En breve marchará para o campinato de rallyes de Finlandia.

-Estiveras en Carballo con anterioridade?

-Non, estiven na Coruña e en Arteixo pero non en Carballo.

-E que che parece este circuíto?

-Ben. Hai poucos sitios para adiantar, con moita recta e curva lenta, pero é bonito. O certo é que o circuíto é chulo.

-Un circuíto non moi longo pero técnico…

-É técnico, e nel é moi difícil adiantar, pero é bonito. Combina zonas  moi rápidas con frenadas fortes.

-Como valoras a túa participación aquí?

-Non veño a facer unha valoración da miña participación. Veño a pasalo ben e a rodar un pouco un terra, e xa está.

-Que supón para ti, piloto oficial de Citröen no campionato mundial de rallyes, estar aquí, en Carballo?

-Para min é unha carreira máis. Non se parece moito ao que eu fago pero, polo menos, estás dándolle ao volante.

-Participas en dúas categorías. En cal te sintes máis cómodos?

-Gústame máis conducir o 4x4 que Car Cross. O Car Cross é tracción traseira, pesa moi pouco e gústame un pouquiño menos, pero cos dous gozo moito.

-Unha vez rematen as carreiras en Carballo, que vas facer?

-Imos xa para casa que hai que descansar.  Teño un evento de promoción para Citröen e despois teño que facer o rally de Finlandia. Vou para aló tres semanas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica