Carballo a un paso

Compartir:

Querida Conchi e Amnesia 3.0 conquistan o palmarés do IX Carballo Interplay

Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova fanse co premio a Mellor proxecto de serie web en galego coa proposta de thriller Mentres non chova

Foto de familia na gala de entrega de premios do Carballo Interplay 2022

Foto de familia na gala de entrega de premios do Carballo Interplay 2022 | 📷 Leo López

NOVAS RELACIONADAS:
-
 O Interplay reúne en Galicia ás voces máis relevantes da Internet en España
Dezaseis webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do IX Carballo Interplay
O Carballo Interplay defende o talento autóctono
Aberto o prazo para presentar series ao Carballo Interplay

11 de abril de 2022 - A 9ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende do 6 ao 9 de abril en Carballo e na rede, a través do streaming, pechou o telón coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a animación máis sorprendente de proxectos como Querida Conchi ou Lordson and Jesus, o humor político de The communist's daughter e o intimismo de Dhanasri, Julies e as pantasmas. O xurado composto por Marta Salicrú, Betu Martínez, Víctor Sala, Lucía Estévez e Ángela Andrada outorgoulle a Querida Conchi o premio a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e a Lordson and Jesus o de Mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Amnesia 3.0, serie nacida no propio Carballo Interplay a través do concurso de proxectos. O premio para Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para a canadiense The Communist's daughter, unha comedia política ambientada durante o mandato de Ronald Reagan.

As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa a francesa Resistance. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Malva, Nee Barros e Berto Mira decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Dhanasri, Julies e as pantasmas, un retrato poético que explora a complecidade das relacións entre as mulleres.

Premio ao Mellor proxecto de serie web en galego

Reunido en Carballo o xurado composto por María Yañez, Nati Juncal e Xulio Abonjo decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Mentres non chova, de Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova, un thriller contado a través da pantalla dun teléfono móbil que esconde unha gran reflexión sobre o cambio climático. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

PALMARÉS

  • Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo: Querida Conchi
  • Mellor serie versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo: Amnesia 3.0
  • Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo: Dhanasri, Julies e as pantasmas
  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo: Resistance
  • Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo: Lordson and Jesus
  • Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo: The Communist's daughter
  • Premio a proxecto de serie web en galego, dotado con 3.000 euros e trofeo: Mentres non chova


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica