Carballo a un paso

Compartir:

Volve a carreira 10K Carballo!

O prazo de inscrición estará aberto até o 31 de maio e haberá unha Fila 0 solidaria de Cruz Vermella para colaborar co pobo ucraíno

10K Carballo

6 de abril de 2022 - Despois do involuntario parón de dous anos provocado pola pandemia, volve a carreira popular 10K Carballo, unha cita co atletismo que cumpre 10 edicións e que mantén a súa intención de consolidarse como unha proba de referencia no calendario autonómico de atletismo. A cita terá lugar o domingo 5 de xuño con saída na Praza do Concello de Carballo. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo, na que poden participar un máximo de 1.000 persoas nas categorías absolutas e 2.000 no cómputo global do evento.

Tanto para a proba absoluta (deportistas nados/as antes do 2004) como para a carreira adaptada, establécese unha cota de 5 euros. A participación no resto das categorías (sub18/sub16, sub14/sub12, sub 10, pitufos dende o ano 2015 ata o 2018, e biberón para os/as nados/as no 2019) será gratuíta. As inscricións poden realizarse a través da páxina web <10k.carballo.gal> até o 31 de maio.

Solidariedade

A carreira popular do Concello de Carballo incorpora este ano, por primeira vez, unha fila 0 solidaria. Coa finalidade de axudar a Ucraína, o importe procedente desa fila 0 destinarase ao pobo ucraíno a través da Cruz Vermella de Carballo. Outra das novidades desta edición tan especial serán os premios en metálico:

  • 1º clasificado e 1ª clasificada 10K: 300 €
  • 2º clasificado e 2ª clasificada 10K: 200 €
  • 3º clasificado e 3ª clasificada 10K: 100 €
  • Récord da proba: 300 € (o récord actual é de 32:02)
  • 1º carballés e 1ª carballesa: trofeo e material deportivo valorado en 150 €

Ademais, a Concellaría de Deporte porá varios servizos a disposición dos/as participantes, como un punto de avituallamento, duchas e fisioterapia. A recollida de dorsais e chips poderá realizarse o mesmo 5 de xuño a partir das 8.00 horas e ata 20 minutos antes da saída de cada categoría, ou ben o sábado 4 de xuño, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, no Mercado Municipal. Os/as participantes deberán presentar certificado de vacinación contra a COVID-19, test de antíxenos ou PCR negativa realizados nas 72 horas anteriores ou proba de ter padecido a enfermidade nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores á celebración da proba.

Non perdades a mellor cita co atletismo en Carballo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica