Como chegar
O acceso por estrada é sinxelo. Desde A Coruña pola comarcal AC-552 ou pola autoestrada AG-55, á que tamén se pode acceder desde a A6. Desde Santiago de Compostela pola estrada AC-545, enlazando despois coa AC-1914, ou tamén pola N-550 cara á Coruña, que deberás deixar en Ordes para coller a CL-4130 con destino a Carballo.
En avión, os aeroportos máis próximos son os de Alvedro, na Coruña, ou o da Lavacolla, en Santiago de Compostela. En tren, as estacións de Renfe da Coruña e de Compostela.