Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Gastronomía

Compartir:

Gastronomía

Os produtos do mar e das terras carballesas. Ese é o segredo da nosa gastronomía: O sabor do auténtico

A calidade e o saber intenso dos produtos do mar e das terras carballesas é o segredo da nosa gastronomía.

Son os nosos pratos que non requiren dunha grande elaboración: o sabor está asegurado pola autenticidade dos ingredientes.

O pan de Carballo

De cea en Carballo

De cea en Carballo

A tradición cómese en Carballo. O noso pan é un dos máis afamados de Galicia. Naceu en tempos entregos dos trigais das farturentas terras de Bergantiños, coñecidas no seu momento como a despensa de Galicia, e das augas do río Anllóns.

O peixe da Costa da Morte

Poderás atopar saboroso peixe e marisco fresco no noso mercado municipal.A el chegan día a día os produtos do mar que nos regala a nosa Costa da Morte, provenientes dos numerosos portos próximos: Razo, Caión, Malpica, Laxe, Corme ou a lonxa da Coruña. Encontraralos cociñados de forma deliciosa nos nosos restaurantes e casas de comida.

O nosos doces

Tapeando en Carballo

Tapeando en Carballo

Se é a primeira vez que estás en Carballo, has de probar o pan de ovo, doce semellante ao roscón de reis. E se de Carballo queres levar outro doce recordo, animámoste a probar tamén o noso biscoito.

As patacas finas

De pelica salpicada de ollos e firme ao cocer, a pataca fina é unha aposta segura para cociñar con éxito os nosos pratos tradicionais. A súa semente está na actualidade en proceso de recuperación.

As nosas fabas asturianas

Nas nosas leiras danse as fabas que logo se comercializan como asturianas. Con elas e coas carnes, coas patacas e cos grelos e repolos das hortas bergantiñás, poderás facer un gorentoso caldo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica