Propiedades das aguas termais
O noso é o único balneario mineiro-medicinal da Costa da Morte. De gran valor terapéutico, estas augas son especialmente recomendables para as doenzas de osos.
Inicio // Que facer // Termalismo //
O de Carballo é o único balneario mineiro medicinal de toda a Costa da Morte. As nosas centenarias augas foron recoñecidas xa no século XIX como unhas das mellores de toda Europa.
Na actualidade, as nosas augas termais contan co distintivo Q de calidade e son unha milagreira fonte non só de saúde, senón tamén de beleza, benestar e relax. Un poderoso atractivo que trae á nosa vila todos os anos a centos de bañistas.
O noso é o único balneario mineiro-medicinal da Costa da Morte. De gran valor terapéutico, estas augas son especialmente recomendables para as doenzas de osos.
A completa oferta do noso moderno balneario termal fai del unha excelente opción para mimarse e coidarse. Nel atoparas dende tratamentos óseos até estéticos.
A sona das augas mineromedicinais de Carballo vén de vello. Xa na época romana se coñecían as súas excelentes propiedades. Foron redescubertas no século XVIII.