Cruceiro da Praza de Galicia
Non podía haber homenaxe máis acaída para o pensador carballés Alfredo Brañas que este cruceiro do escultor Buciños, onde se combinan identidade, tradición e modernidade.
Inicio // Que ver // Patrimonio // Arte urbana //
Coincidindo coa notable expansión da nosa vila nos últimos anos, procuramos para eses novos espazos urbanos obras dalgún dos máis afamados escultores galegos, nunha aposta forte do concello pola arte pública.
Non podía haber homenaxe máis acaída para o pensador carballés Alfredo Brañas que este cruceiro do escultor Buciños, onde se combinan identidade, tradición e modernidade.
O carballés Alfredo Brañas labrou para Galicia un proxecto político e un ideal: a confianza na nosa maioría de idade como país. O concello quixo homenaxealo con esta obra.
A escultura de Francisco Pazos reintroduce a pedra sobre o fondo urbanizado da vila. Está situada nunha das principais entradas ao núcleo urbano, a do barrio da Ponte.
Foi o man a man entre o escultor Manuel Facal, que elaborou o deseño, e o alumnado do instituto Monte Neme, que o materializou, a que fixo posible esta escultura.
Esta escultura de enormes dimensións, que ideou un dos máis coñecidos creadores carballeses, Manuel Facal, representa un dos peixes que habita o Anllóns, o escalo.
Este gran peixe prateado, creado tamén polo escultor Manuel Facal, foi inaugurada en 2004 como símbolo do Carballo de futuro.