Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Festas do Apóstol

Compartir:

Festas do Apóstol

Igrexa de Santiago de Sísamo

Igrexa de Santiago de Sísamo

Coa recta final de xullo chegan as festas do Apóstolo. Son varias as localidades de A Costa da Morte que estarán de celebración nesta ponte.

O 25 comezan as festas parroquiais en Sísamo co grupo Breixa Band e o dj David. O venres 26 será a quenda do grupo Diseño e do dj Antony. E xa o 27 tocaralle ao grupo A Sirena e á orquestra Costa Blanca.  Ademais, o día 25 terá lugar a segunda xornada do torneo de fútbol da parroquia.

De festa pola Costa da Morte

A orquestra Panorama está en Pasarela o mércores 23

A orquestra Panorama está en Pasarela o mércores 24

Na Costa da Morte, en Pasarela-Calo, en terras de Vimianzo, o mércores 24 será o día grande, coa actuación das orquestras Panorama e Ciclón. E en Cee, na Ameixenda, este xoves teremos unha cita ben peculiar: unha carreira de burros, ás sete e media da tarde, que este ano chega xa á sétima edición. 

Mais tamén haberá estes días festas en Berdeogas (Dumbría),  Mens (Malpica), LoroñoMuiño e San Clemente (en Zas), Louro (Muros) e Tella (Ponteceso).

Verbeneo do país

E quen queira celebrar de maneira distinta, saíndo do circuito das grandes orquestras de moda, terá varias opcións para facelo na nosa contorna.

E quen queira celebrar, mais de maneira distinta, saíndo do circuito das grandes orquestras de moda, terá varias opcións para facelo na nosa contorna. A Festa de Breogán, do 26 ao 28 en Lira, é non só unha cita gastronómica onde poderás probar diversos produtos do país, senón tamén toda unha romería contemporánea en clave de música galega, dende a pachanga até o tradicional pasando polos máis actuais e diferentes estilos.

O día 27 haberá festa no Castro de Mallou, en Carnota, para celebrar o final da escavación que se estivo a realizar este mes para recuperar o xacemento castrexo.

Quen prefira viaxar ao medievo poderá facelo tanto na Coruña como en Fisterra, onde se organizan esta finde senllas feiras medievas. Na vila do fin do mundo terá lugar o Mercado Medieval Peregrino do 26 ao 28. E na Coruña, a feira estenderase dende o 23 até o 28 de xullo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica