Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Plans para a finde

Compartir:

Plans para a finde

Non tes plans para esta fin de semana? Pois aquí che damos unhas cantas ideas, e para todos os gustos. Feiras medievais, rapa das bestas, festas e verbeneo, saídas nocturnas, carrilanas, rutas en bicicleta… Esta será unha finde chea de actividades na nosa contorna. Anímate. Se ves a Carballo, telas a un paso.

De marcha

Marcha carballesa

De marcha por Carballo

O venres é o día de marcha en Carballo. Así que, se andas pola zona, animámoste a visitar os nosos pubs. Poderás comezar a noite tomando algo nas nosas terraciñas. E é que agora no verán, as terrazas saen á rúa por toda a vila, e zonas como as da rúa Coruña, preto do xardín, ou o Rego da Balsa, nas proximidades do Centro Comercial, están especialmente frecuentadas.

Animámoste a seguir a noite de ruta polos nosos pubs, de coidada decoración  e con modernas instalacións técnicas de son. Atoparalos na zona da rúa da Estrela e noutros puntos do centro da vila.

De verbeneo

Danza dos Arcos en Camariñas

Danza dos Arcos, no Carme de Camariñas

Pero, se o que che presta no verán é o verbeneo, esta dende longo é a túa fin de semana. Porque, co Carme, a zona énchese de festas. Aquí mesmo, no concello de Carballo, tes as de Oza, do venres 19 ao domingo 21, e o Carme de Sísamo, o día 21.

Na Costa da Morte terás outras moitas oportunidades de festexar ao grande.  O venres, en Camariñas, actúan as orquestras Ciclón e Olimpus. E é que esta finde son as festas grandes da vila mariñeira, as do Carme.

Mais tamén noutras localidades da Costa da Morte estes son días de festa, de celebrar comendo e bailando. Tal é o caso de Barizo, en Malpica, e de Mazaricos, Laxe, CorcoestoDumbría e Louro, con concurso de empanadas e tortillas incluído o sábado.

Rapa das bestas

Rapa das bestas

Rapa das bestas

En Vimianzo celébrase esta fin de semana a tradicional rapa das bestas.  Os cuadrúpedos serán baixados do Monte Faro para sérenlles cortadas as crins e, con este motivo, organízanse dúas xornadas cheas de actividades. O sábado será a baixada das bestas, que comezará ás oito da mañá, á que lle seguirá a feira do gando, que comezará a partir das once, e unha ruta a cabalo polo val de Vimianzo. Pola noite, haberá verbena e, ao día seguinte, a partir das once, as bestas serán levadas ao curro, no campo da Areosa para, pola tarde, ser iniciada a rapa.

En Ponteceso, o domingo,  terá lugar a tradicional feira cabalar, que este ano  chega aos vinte anos de existencia. Haberá exposición de exemplares de distintas razas, e actividades diversas: paseo guiado pola vila, concursos, monta en cabalo para nen@s...

Feira medieval

Feira medieval de Corcubión

Feira medieval de Corcubión

Do venres 19 ao domingo 21, Corcubión desprazarase no tempo até a Idade Media. A vila mariñeira vólcase todos os anos na celebración da súa feira medieval, que lembra a importancia que este porto pesqueiro tivo nesta época.

Serán tres xornadas cargadas de música, artesanía e teatro, nas que as actuacións se seguirán dende a mañá até a noite.

Na noite do venres, veciños e visitantes botaranse á rúa para representar un episodio do 1457, cando as xentes de Corcubión e as tropas dos condes de Altamira se enfrontaron aos soldados do arcebispo Rodrigo de Luna.

Carrilanas e bicicletas

Carrilana

Carrilana

O domingo, dende primeira hora da mañá, celébrase en Malpica o Día da Bicicleta, cun percorrido en bici por esta vila que está a uns vinte minutos de Carballo.

E, por se fora pouco, este sábado e domingo será tamén o Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica