Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O umbral da estupidez, de Rober Bodegas

Compartir:

O umbral da estupidez, de Rober Bodegas

O umbral da estupidez, de Rober Bodegas.

O sábado 15 de xuño temos unha cita coa obra O umbral da estupidez, do carballés Rober Bodegas, na que reflexiona con humor sobre se nos estamos volvendo máis imbéciles cada día na nosa vida cotiá. Será ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. A entrada custará 8 euros.

Rober Bodegas leva ao redor dunha década de exitosa traxectoria no mundo da comedia. En Carballo, na súa vila natal, vímoslle dar os seus primeiros pasos na carreira artística. Foi, de feito, gañador no seu momento do certame de monólogos do noso Festival Internacional de Outono de Teatro.

Deuse a coñecer no eido estatal como gañador do concurso televisivo "El rey de la comedia". Participou como guionista e colaborador do programa "Sé lo que hicisteis…" e, na actualidade, participa do proxecto www.solocomedia.com.

Neste espectáculo faise unha pregunta que seguro que moitos de nós, moitas de nós, máis de unha vez nos fixemos: "Será que estamos volvéndonos imbéciles e é por iso que nos tratan como tal?". As situacións nas que nos vén á mente esta pregunta son múltiples. Rober Bodegas recréaas no seu monólogo para facernos rir, a partir dunha pregunta tamén que daría moito que pensar…


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica