Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Monólogos R con Fede Pérez e Pepo Suevos

Compartir:

Monólogos R con Fede Pérez e Pepo Suevos

Monólogos R con Fede Pérez e Pepo Suevos

Venres 14 de xuño na Praza do Concello

Chegan a Carballo os Monólogos R de man de dous coñecidos humoristas e actores galegos, Pepo Suevos e Fede Pérez. A entrada será de balde. Agardámosvos este venres, 14 de xuño, na Praza do Concello ás 21.30 h.

Volven as noites de verán na Praza do Concello, o noso punto de reunión por excelencia, e fano con moito humor, o destes dous humoristas cuxa cara seguro vos é coñecida porque ámbolos dous son rostros habituais da televisión e do cinema galego.

O humor de Fede Pérez seguro che resultará familiar polo seu papel protagonista na serie da TVG "Era Visto!". Tamén participou como en programas como "O país dos ananos", Tourilandia ou " O show dos Tonechos" e en series como "Los hombres de Paco" e "Padre Casares".

Pepo Suevos é un dos monologuistas galegos máis prolíficos, ademais de polifacético animador, locutor de radio, actor de cine e de televisión. Traballou en varias series e filmes, así como en programas como Land Róber ou Tourilandia.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica