Que está pasando
Ábrese o prazo para presentar series ao VIII Carballo Interplay! O Festival carballés de Contidos Dixitais terá lugar do 8 ao 11 de setembro de 2021 e repartirá 6.600 euros en premios; apuntádevos!
Ofertas en 46 comercios na Semana das Oportunidades! Do 28 de febreiro ao 6 de marzo haberá descontos de até un 70% en establecementos de Carballo de moda, alimentación, xoiería ou mesmo en barbarías.
A Oficina de Información Turística e Museo de Bergantiños de Carballo reabre as súas portas a partir do mércores 17 de febreiro no horario habitual. E lembrade: máscara, hidroalcol e distanza de seguridade.
¡Este ano o calendario de Carballo para 2021 faise desde as vosas ventás! A partir do 12 de xaneiro veciñanza e visitantes poden recoller o almanaque gratuitamente no Museo de Bergantiños ata fin de existencias.
Carballo e a Costa da Morte empezan os trámites para ser Reserva Local de Surf. Despois de non conseguir este ano a declaración de Reserva Mundial, comezan os pasos para mellorar a candidatura de 2021.
O miradoiro de Vilela transfórmase nunha experiencia interactiva. Unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia permite instalar unha mesa panorámica que funciona como un mini museo ao aire libre para visitantes.