Carballo a un paso

Compartir:

Trinta actividades de teatro, música, cine, fotografía e artes plásticas: Venres Coolturais

De xaneiro a marzo, Carballo bule con citas culturais para todos os públicos con moitas actividades de balde e prezos que non superan os catro euros

Venres Coolturais

Carballo sempre ofrece a súa faciana máis "cool" entre os meses de xaneiro e marzo cunha programación cultural na que o teatro e as citas "En familia" para os máis cativos e cativas sempre son protagonistas, pero na que tamén hai espazo para a fotografía, a pintura, a música, o cinema... Compañías como Galeatro, Talía Teatro, os Monicreques de Kukas, Redrum ou Chévere; música con nomes como Silvia Penide ou O Viravai; fotógrados como Xesús Búa, un ciclo de cinema árabe, documentais galegos... de todo e para todos os públicos atoparedes nos Venres Coolturais.

Nesta nova tendes o programa completiño para que planifiquedes ben as vosas citas de ocio e non perdades nada, ao que tamén tendes acceso clicando AQUÍ. E, aínda que moitas das citas son de balde, tamén vos deixamos os prezos e as diferentes formas de comprar os bonos e entradas dos espectáculos de pago para que o teñades todo clariño.

BONOS E ENTRADAS

  • BILLETEIRA: Venda de bonos e entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio da actuación As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Non se admiten cambios nin devolucións.
  • PREZO ORDINARIO DE ENTRADAS: 3 € ou 4 €, segundo o especificado en cada espectáculo.
  • PREZO REDUCIDO DE ENTRADAS, para estudantes con carné de estudante, maiores de 60 e menores de 18 anos: 2 € e 3 €. No acceso ao espectáculo deberá acreditarse debidamente a circunstancia especial do prezo reducido.
  • A compra anticipada de entradas a través de <www.eventbrite.es> supón gastos de xestión.

  • PREZO BONO ORDINARIO: 15 €.
  • PREZO BONO REDUCIDO, para estudantes con carné de estudante, maiores de 60 anos e menores de 18 anos: 10 €.
  • O bono inclúe os seguintes espectáculos para público adulto: Teatro da Ramboia (7 de febreiro), Redrum Teatro (6 de marzo), Silvia Penide (13 de marzo), Chévere (20 de marzo) e Marelas (27 de marzo).
  • A compra anticipada de bonos a traves de <www.eventbrite.es> non supón gastos de xestión.

Escollede o voso mellor plan e a vivir o voso comezo de ano máis "cool"!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica