Carballo a un paso

Compartir:

O mar volve a Derrubando muros con pintura...

A traseira dos vestiarios do campo de fútbol de Razo acollerá un novo mural realizado polo artista sevillano Javier de la Rosa e inspirado polo areal

Vista do mural de Razo situado no posto de socorrismo

Vista do mural de Razo situado no posto de socorrismo | 📷 Turismo Carballo

O proxecto de arte urbana Derrubando muros con pintura segue medrando con novas obras. Desta volta viaxamos ata o mar de Razo grazas ao artista sevillano Javier de la Rosa, que deixará a súa pegada na traseira dos vestiarios do campo de fútbol de Razo nunha intervención que durará unha única xornada o sábado 14 de setembro. Durante todo o día estará traballando á vista de veciños e visitantes que se queiran achegar para observar como avanza o proceso creativo. O mural agochará palabras cuxa inspiración provén da propia praia e do mar de Razo: RAZO - AREA - MAR - AMA - RESPETA - PROTEXE - VIVE - MÚSICA - NATUREZA - SOL - RECICLA - SALITRE -  ARROACES - SURFING - IGUALDADE - VOLEI PRAIA - VENTO - PROTEXE -  PÍLLARA DA DUNA - OLAS - YOGA - AMIZADE - IGUALDADE - UN SOÑO.

O deseñador e ilustrador atopou inspiración no areal para desenvolver o deseño do mural, que estará vencellado á praia

Javier de la Rosa forma parte, xunto con Alba Nicolás, de Milicia Gráfica. Nacido en Sevilla en 1966, comeza a súa formación alí para logo trasladarse a Madrid desenvolvendo a súa carreira até hoxe. Unha carreira creativa na que se combinan desde os seus comezos a faceta de deseñador e grafista coa de ilustrador. As súas ilustracións evidencian os seus intereses plásticos e estéticos así como as súas influencias, case sempre explícitos: o mundo da publicidade, o cómic, o cinema, a música, pero tamén Pollock, Twombly, Lichtenstein ou Hockney. Ten traballado en moda, cunha colección para Zara Man, por exemplo; e a súa obra gráfica aparece tamén en series como Mom ou This is us de produtoras como Netflix, Neox, NBC...

Agora deixará a súa pegada en Razo a través de Derrubando muros con pintura e coa colaboración do Raz Surf Clube, xa que é a través deles polo que está de visita en Carballo na nosa praia. Será o segundo mural que se pinta no areal, despois do situado no posto de socorrismo, e outra das moitas viaxes artísticas que o proxecto ten realizado inspirado no mar e na praia. Agardamos impacientes o resultado da súa obra!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica