Carballo a un paso

Compartir:

De dous en dous por unha boa causa

Xa podedes inscribirvos na quinta edición desta carreira nocturna e solidaria que terá lugar o 30 de marzo nun circuíto urbano por Carballo

De dous en dous

Coñecer ben a túa parella, sincronizarse e percorrer cinco quilómetros man a man. Son os únicos requerimentos para participar na V Carreira popular por parellas "De dous en dous" que terá lugar nun circuíto urbano polas rúas de Carballo o sábado 30 de marzo. A carreira, además de ter un carácter lúdico e deportivo, persegue un fin solidario, xa que a inscrición é gratuíta para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar un litro ou kilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene infantil ó recoller o dorsal, en beneficio de Cruz Roja e Cáritas. Ademais, é de "inclusión total", xa que as persoas con diversidade funcional non terán unha clasificación aparte, senón que formarán parte da clasificación xeral da carreira.

As anotacións poden formalizarse xa nunha ligazón na web <www.carreirasgalegas.com> dispoñible AQUÍ. Entre as características da carreira, organizada polo club Atletismo Carballo -coa colaboración do Concello de Carballo, Carballo Deporte, a Policía Local e Protección Civil, a Asociación Deportiva Media Ducia e Grupo Santa Marta- destaca que é nocturna, xa que a saída tomarase ás 19.45 horas e os dorsais poderán recollerse no primeiro andar do Mercado Municipal a partir das 16.00 horas. Ademais, ten unha distancia aproximada de 5.000 m. non homologada nun circuito urbano de 1.000 m. A saída de todas as probas estará situada na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor. As rúas polas que discurrirán as probas serán:

  • CATEGORÍA PITUFO: Gran Vía, desde rúa Pintor Urbano Lugrís ata a meta.
  • CATEGORÍA SUB 10: Gran Vía, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda por Valle Inclán, continúan por rúa Colón, xiro á esquerda por Desiderio Varela ata chegar ó punto de inicio e pase por meta en Gran Vía.
  • CATEGORÍAS SUB 12, SUB 14, SUB 16 E ADULTOS: Gran Vía, xiro á esquerda por Dr. Fleming, xiro á esquerda por Valle Inclán, continúan por rúa Colón, xiro á esquerda por Desiderio Varela ata chegar ó punto de inicio e pase por meta en Gran Vía.

Así que xa sabedes, a buscar parella e a practicar atletismo por unha causa solidaria. As inscricións poden formalizarse até o mércores 27 de marzo e poderá haber un máximo de 600 participantes. A correr!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader