Carballo a un paso

Compartir:

O comercio de Carballo vai de festa!

37 establecementos participarán o sábado 27 de outubro nunha xornada de portas abertas na que haberá agasallos, sorpresas e animación de rúa

Sorteos, agasallos, espectáculos de rúa, sorpresas... Comprar en Carballo, unha vez máis, ten premio! O sábado 27 de outubro o noso comercio vai de festa! 37 establecementos da capital municipal celebran unha xornada de portas abertas na que abrirán toda a mañá, pero tamén pola tarde para facilitar as compras de veciñanza e visitantes e para agasallar á súa clientela cun día de compras diferente. A xornada xa amencerá coas rúas centrais e peonís decoradas para a ocasión, e ao longo do día o horario nas tendas será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Quen se animen a pasear polas nosas rúas veranse ademais arroupados pola compañía Pablo Méndez Performances, que será a encargada de sorprender a maiores e pequenos con orixinais actuacións e pequenas pezas teatrais de rúa. “Todas as actividades son agasallos para unha clientela á que queremos agradecer todo o seu apoio ao pequeno comercio nunha vila como a nosa, cun Centro Comercial Aberto con calidade e variedade contrastada”, subliña o presidente do CCA, Ricardo Pallas. Así, a iniciativa parte do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo para seguir enchendo de dinamismo a nosa vila, coa colaboración do Concello de Carballo, a través da Oficina de Promoción Económica (OPE); a Deputación da Coruña e a Xunta. O obxectivo, que comprar o 27 de outubro sexa unha festa.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

  • Star Center
  • Adamela
  • Atmósfera Sport
  • Todo Lar
  • Calvelo Regalo
  • Alexi
  • Dress
  • Joyería Calvelo Seoane
  • Deportes San Remo
  • Mundo Kids
  • Atelier
  • Poppy
  • Perfumerías Garrote
  • Zocas
  • Esprit
  • mmm! Xeados
  • -15
  • Mímate
  • Zapatería Esther
  • Akira
  • D&A Complementos
  • Multióptica
  • Zapatillería Isabel
  • O rincón de María
  • Tejanos.com
  • O armario de Pati
  • Alonso Moda
  • A Fragua de Mó
  • DV Carballo
  • Para ti Cosméticos
  • Amai Store
  • Miriñaque
  • Bambalina
  • Sueño de Hadas
  • Bámbola
  • Style
  • Retoños


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica