Carballo a un paso

Compartir:

Dálle un bocado ao FIOT!

Os días de función de sala o Festival Internacional Outono de Teatro ofrece saborosas tapas e almorzos en 12 locais hostaleiros. Proba o teatro!

Dálle un bocado ao FIOT

Co outono volve o FIOT e co noso festival de teatro volven os bocados! Un ano máis, Carballo estende o teatro a todos os recunchos da vila, incluíndo a nosa gastronomía. Todos os días que haxa función no auditorio do Pazo da Cultura, doce locais hostaleiros ofrecen aos seus clientes un "bocado", que pode ser unha tapa por 2 euros ou un almorzo, por 3 euros. Todos eles están inspirados en diferentes obras de arte dramático ou en autores que van dende Shakespeare a Roberto Vidal Bolaño. Fantasía teatral levada á mesa. Estas delicias poderán degustarse os días 7, 11, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 31 de outubro.

E que gañades ademais de gozar cos nosos mellores produtos? Pois dúas cousas. Por unha banda, os locais participantes acollen durante eses días pequenas pezas de animación teatral: pílulas de humor para aledar o día. E por outra, participaredes no sorteo dunha noite de teatro para dúas persoas para a vindeira edición do FIOT. Con cada consumición, conseguiredes un boleto. O premio consiste en 2 entradas para a edición de 2019 do festival con cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas en Carballo o día da función. Va que apetece?

Tapas e almorzos gratis...

Este ano, ademais, os bocados veñen con novidades. Se tes un bono para os espectáculos do FIOT, tes agasallo asegurado: un almorzo e unha tapa gratis na ruta "Dálle un bocado ao FIOT!". Quen teñan un bono poden recoller os vales no Museo de Bergantiños entre o 9 e o 28 de outubro de 2018. Tan só teredes que presentar o bono do FIOT. Non o esquezas! Levaredes un vale canxeable en calquera dos establecementos participantes os días da ruta... para comer o festival bocado a bocado. Ide abrindo boca!

Aquí tendes a listaxe de locais participantes:

ALMORZOS - 3€

TAPAS - 2€


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader