Carballo a un paso

Compartir:

Mil quilos de berberechos en Baldaio!

A ADCR Baldaio organiza a XXI edición dunha festa na que ademais haberá empanada, carne ao caldeiro, polbo e actuacións musicais todo o día

Un momento da festa do berberecho 2017

Un momento da festa do berberecho 2017

Volve un ano máis unha das festas gastronómicas máis lonxevas do municipio, a Festa do Berberecho en A Imende-Noicela, moi preto da nosa marisma de Baldaio. Este ano, en que cumpre 21, haberá unha tonelada de berberechos (literal: a organización explica que hai mil quilos encargados) e espérase que arredor de 3.000 persoas pasen pola carpa e a explanada da festa. Ademais tamén haberá unha pulpeira e racións de carne ao caldeiro e empanada. Por suposto tamén haberá bebidas con viño, cervexa, refrescos... e actuacións musicais para animar o día -o sábado 18 de agosto-, coas primeiras racións que empezarán a venderse sobre as 13.00 horas e ata que o corpo aguante.

A cita é o sábado 18 de agosto a partir das 13.00 horas e ata a noite con sesión vermú, música tradicional e verbena

A sesion vermú comezará sobre as 14.00 horas coa Orquestra Enigma, e xa pola tarde, sobre as 21.00 horas, a Asociación San Martiño de Razo ofrecerá unha actuación con música e baile tradicional. Para os que aínda teñan gañas, tamén poden cear berberechos e quedar ata a verbena coa Orquestra Enigma e o Dúo Kico y Noelia.

Áreas de estacionamento

Racións de berberechos

Dende a ADCR Baldaio, organizadora da cita coa colaboración do Concello, informan de que este ano haberá unha única zona para estacionar vehículos, en lugar de dúas, pero que a que hai, á dereita da estrada que leva á festa, ampliarase con catro terreos moi amplos nos que haberá espazo de sobra (con capacidade para aproximadamente 500 vehículos) e dúas vías de acceso. Iso si, pregan aos asistentes que colaboren aparcando con sentidiño para non obstaculizar o paso.

Respecto dos prezos das racións, a organización explica que no caso da empanada e a carne, será similar ao de anos anteriores, pero que para saber o prezo do polbo e dos berberechos haberá que esperar a última hora, porque o importe varía dependendo da oferta e da demanda e non o saberán até o mesmo día ou o día antes. En todo caso, tentarán axustalo a prezos populares para que ninguén se quede sen probar os berberechos.

Así que se queredes boa bebida e boa comida, achegádevos o sábado á Imende con moitas gañas de pasalo ben! Pagará a pena!

Aquí tendes as coordenadas do lugar da festa en Google Maps: 43.300832, -8.641352


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica