Carballo a un paso

Compartir:

Axenda da finde

Música e baile tradicional, foliada no Bosque do Añón, a Festa do Pichorro en Cances, verbenas en Entrecruces... Aproveita o que queda de agosto!

VENRES

Arume de Berdillo

Arume de Berdillo

Festival de música e baile tradicional. Praza do Concello. 22.00 h. Regresa un ano máis o Festival de Música e Baile Tradicional no que as asociacións de Carballo participan, e que amosarán o folclore tradicional galego a través do baile, música e vestiario do noso patrimonio etnográfico. Un espectáculo no que a Banda Municipal de Gaitas de Carballo, dirixida por Jesús Moreira, o Grupo de Pandeireteiras Xoldreira da AC Nemeth, dirixida por Álex Ínsua, os grupos de Música e Baile Tradicional de Arume de Berdillo, dirixidos por Miro Regueira, e os grupos de música e baile tradicional da AC O Candil, dirixidos por Ros Cotelo e Emilia Piedra, serán os encargos de que, de novo, o público goce do noso patrimonio inmaterial. Entrada libre.

Surf Party en Razo. Artbar. A partir das 23.00h. Razo transfórmase en verán durante o día, con fantásticos días de sol, praia, surf e diversión; e tamén pola noite, con diferentes eventos, entre eles, as Surf Parties do Artbar os días  5, 11, 17, 23 e 29 de agosto. Vive a noite de verán da praia de Razo!

SÁBADO E DOMINGO

Berocasión 2015

Berocasión 2015

Berocasión. Feira do vehículo de ocasión. Parque de Rego da Balsa. Todo o día. Este ano Berocasión, a feira de vehículos de ocasión de Carballo, volve con máis forza ca nunca. Incrementa ata arredor de 300 o número de automóbiles expostos; e sube tamén o número de concesionarios participantes, cun total de 10: Automóbiles Dimolk-Peugeot, J. Lema, Caeiro Renault, JGCAR, Ricardo Motor Carballo, Vilas Rama Citröen, Miguel, Chacar, Rebalcar e O Largo. Quen se acheguen ao recinto do Parque Rego da Balsa poderán atopar este ano vehículos seminovos e quilómetro 0, así como de diferentes gamas, sempre a prezos moi competitivos, con rebaixas que, segundo o tipo de vehículo, oscilan entre os 500 e os 1.000 euros. Entrada libre.

SÁBADO

III Foliada do Bosque. Bosque do Añón. Todo o día a partir das 11.00 h. A Foliada do Bosque celebra a súa terceira edición cunha xornada lúdica arredor da música e o baile tradicional. Á foliada achegaranse asociacións culturais convidadas pero tamén poderán participar libremente todas aquelas persoas interesadas. Tamén se realizarán xogos tradicionais para os/as máis pequenos/as ao longo do día. Haberá bochinche con comida e bebida a prezos populares, zona de acampada e tamén carpa. A cita está organizada pola AC Foliada Galega coa colaboración do Concello. Entrada libre.

XV Festa do Pichorro. Recinto das Escolas de Cances. A partir das 20.00 h. A Festa do Pichorro de Cances cumpre 15 anos con moita comida, exhibición de baile tradicional e actuación musical do grupo O tren da unha. Por suposto, haberá degustación de pichorro e tamén un campionato de debullamento con mango de fouciño. A cita está organizada pola AC San Campio de Cances coa colaboración do Concello. Entrada libre. Consultar prezo da comida no recinto.

Concertos en directo en Razo. Artbar. A partir das 23.00h. A diversión nas noites de Razo segue os sábados do mes de agosto cos concertos en directo que ofrece o Artbar. Principian o sábado 6 con Miguelón y su guitarra ofrecendo versións de cancións de onte, de hoxe e de sempre, e repetindo o sábado 20. Os días 13 e 27 o concerto corre a cargo de Abutarda.

XOVES, VENRES E SÁBADO

A Orquestra Atenas actúa en Entrecruces

A Orquestra Atenas actúa en Entrecruces

Festas en Entrecruces. A parroquia carballesa de Entrecruces celebra as festas de San Xinés entre o xoves 25 e o sábado 27 de agosto. O 25 con sesión vermú e verbena coa gran orquestra Ibiza; o venres 26 co mesmo programa pero coa orquestra Atenas; e o peche de festa o sábado 26 coa gran orquestra Bahía Blanca. Ademais, se chove, está previsto que haxa unha carpa para que ninguén perda a diversión. Verbenas e festas de agosto en Entrecruces!

DOMINGO

Carreira 5KM correndo pola praia de Razo

Carreira 5KM correndo pola praia de Razo. Entre a Explanada e a Cabreira. 10.00 h. O club deportivo Os Muditos organiza xunto coa Federación Galega de Atletismo a carreira 5KM correndo pola praia de Razo, na que se realiza un percorrido pola praia desde a Explanada ata a Cabreira pola area mollada. Os Muditos continua coa promoción do atletismo en Carballo e arredores ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do concello e levaesta carreira á praia de Razo, un lugar privilexiado para a práctica deportiva e en particular para andar e correr. Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe.

EN CURSO

Unha obra de Ponte en cor

Unha obra de Ponte en cor

Ponte en cor. Barrio da Milagrosa. Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Veciños e veciñas e visitantes poderán ver unha mostra artística espallada nun total de 21 locais comerciais e hostaleiros por todo o barrio. A iniciativa estará aberta entre 5 de agosto e o 10 de setembro. +info, clicando aquí.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica