Carballo a un paso

Compartir:

Máis de 350 escolares de Carballo aprenden a través do surf!

O municipio participa por segundo ano consecutivo nunha iniciativa para favorecer o coñecemento da cultura do mar e tamén da costa carballesa

Sesión práctica en maio de 2021

Sesión práctica en maio de 2021 | 📷 Turismo Carballo

NOVAS RELACIONADAS:
- O surf invade Carballo!


16 de marzo de 2022 - Volve o proxecto Aprende a través do surfing, unha iniciativa promovida pola Federación Española de Surfing coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Carballo que pretende achegar este deporte, pero tamén o coñecemento da cultura oceánica e da biodiversidade do litoral carballés a máis de 360 escolares de Primaria e ao seu profesorado. É o segundo ano consecutivo no que o participamos neste proxecto que favorece que as nenas e nenos de Carballo aprendan sobre medio ambiente, integración social, protección da natureza, deporte e benestar, todo a través do surf. Se o ano pasado 15 centros de ensino galegos puideron desfrutar das actividades do programa, neste 2022 a participación medra e serán 17. A escola oficial Boaola é a encargada do desenvolvemento do proxecto en Carballo.

Unha concienciación global

Con esta actividade, que está en marcha xa dende mediados do mes de marzo, a rapazada aprende a ser surfista tanto fóra coma dentro da auga, no primeiro caso a través de módulos sobre a cultura do mar, a seguridade ou a relación das persoas co medio, e no segundo dende o punto de vista da física, a técnica ou o vínculo co mar. “Buscamos un desenvolvemento das nenas e os nenos como surfistas completas e completos dende unha ampla perspectiva”, explica David Blanco, coordinador do proxecto en Carballo.

Fomentar a cultura acuática e marítima, mellorar a seguridade nas praias, crear un vínculo co mar que permita comprender mellor a súa relevancia, recoñecer as ondas coma un ben de gran valor para a comunidade, crear unha rede do mar, introducir no ensino a perspectiva de medio ambiente e transformación social e formar axentes de cambio que axuden á sociedade a facer unha transición cara unha forma de vida máis sostible son os grandes e ambiciosos obxectivos desta proposta educativa, que, como indica David Blanco, “ofrece unha perspectiva de medio ambiente e transformación social a través da cultura do surfing”.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica