Carballo a un paso

Compartir:

A calidade da lingua galega: a exame no curso da Universidade da Coruña

Palestras, mesas redondas, obradoiros para analizar cuestións a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua: 18 e 19 de xullo en Carballo

Traballando na calidade da lingua

Carballo, unha vez máis, convértese na sé dun curso de verán da Universidade da Coruña, consolidándose ano tras ano como espazo de festivais, conferencias e congresos.  Desta volta non haberá, como xa é tradicional, curso de verán de dinamización lingüística mais, no seu lugar e de maneira transitoria, o 18 e 19 de xullo terá lugar un curso sobre calidade da lingua. A cita centrarase na calidade no uso da lingua, en como potenciarmos unha lingua de calidade e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos, cal o ensino, a tradución, as novas tecnoloxías etc.

As sesións constan de palestras, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan cuestións fonéticas, gramaticais, fraseolóxicas, textuais etc., de forma a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua galega. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar na importancia dun galego de calidade nos medios audiovisuais en xeral e tamén no ámbito do humor en particular. O espazo para acoller o curso será o Fórum Carballo, que se converterá unha vez máis no centro de debate sobre o futuro do galego, para facer propostas e divulgar ferramentas de mellora.

Obxectivos e inscricións

Inscricións: até o domingo 15 de xullo a través do web da Universidade da Coruña; hai 60 prazas dispoñibles

As principais metas do curso son analizar o que distingue unha lingua de calidade doutras variedades e usos lingüísticos; dar a coñecer e avaliar experiencias que camiñan no fomento da calidade da lingua desde diversos ámbitos e en como a calidade lingüística pode coadxuvar no proceso de normalización do idioma; e propor medidas para melloraren a utilización o da lingua galega, cando menos no ámbito público.

O prazo de matrícula neste curso está aberto até o 15 de xullo de 2018, e o número de prazas está limitado a 60 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición. A matrícula debe facerse a través do web da Oficina de Cursos da Universidade da Coruña (UDC), aquí: www.udc.gal/gl/occ/cursos_congresos_simposios


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica