Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Este Nadal, en Carballo!

Compartir:

Este Nadal, en Carballo!

A situación sanitaria non impide que celebremos as festas con xogos para familias ou a tradicional decoración para vivir estas datas na rúa

Trineo no Xardín Municipal

Trineo no Xardín Municipal | 📷 Turismo Carballo

NOVAS RELACIONADAS:

Gasta en Carballo e gaña este Nadal!
Ao redor dos muros en Nadal!
Autocine de Nadal os días 21, 22 e 23 de decembro!

3 de decembro de 2020 - 
En Carballo recuperamos este ano a ilusión polo Nadal cunha serie de actividades que poderán desenvolverse en familia e que animan a celebrar estas festas sempre respectando todas as medidas de seguridade que esixe a situación sanitaria. Queremos vivir un Nadal no que poder saír ás rúas a facer as compras típicas da estación e tamén no que pasear e vivir a nosa vila festexando estas datas tan sinaladas. Así, xa está colocado o alumeado que este ano está acendido dende o 3 de decembro e volveron os renos e o trineo de Papá Noel ao Xardín Municipal. Este ano apostouse por crear unha peza artesanal elaborada polo carballés Fabián Lage, que tamén creou 30 bastóns decorativos que colgan dos farois de alumeado público.

Este ano, o trineo incorpora unha caixa de correos para que os nenos e as nenas poidan depositar as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos e haberá tamén unha zona para que quen se acheguen ata o xardín podan tomar fotos sen tocar os renos e o trineo, tanto para evitar desperfectos -hai que lembrar que se trata dunha peza de artesanía e non dun xogo infantil- como, sobre todo, dada a situación epidemiolóxica na que nos atopamos, por seguridade sanitaria.

Ao redor dos muros en Nadal


Ademais, a Concellaría de Turismo ten previsto desenvolver o programa "Ao redor dos muros en Nadal" que consiste nunha serie de actividades de lecer dirixidas a familias para que podan gozar con seguridade destas datas. Xogos para desenvolver ao aire libre, visitas guiadas polos murais e pequenas representacións teatrais, tamén nas obras de arte de Derrubando Muros con Pintura, para animar as rúas estes días e vivir o Nadal dun xeito diferente.

As primeiras citas serán ao longo da ponte da Constitución entre o sábado 5 e o martes 8 de decembro e consisten en pequenas pezas de teatro coordinadas por Galeatro cos actores e actrices de AC Teatro Vagalume. Debido ás condicións meteorolóxicas, estas primeiras representacións serán no segundo andar do Mercado Municipal. A entrada é libre ata completar o aforo máximo que marcan as medidas de seguridade pola COVID. Está previsto que haxa tamén unha nova quenda de representacións entre o 18 e o 22 de decembro. O programa "Ao redor dos muros en Nadal" complétase cun programa de roteiros guiados polos murais de arte urbana que se desenvolverán entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro e do que tamén se anunciarán os horarios próximamente.

Por último, a partir do 21 de decembro e até o 5 de xaneiro quen o desexen poderán participar nun xogo no que hai que atopar as pescudas que están agochadas nos murais de arte urbana. Con premio para quen o rematen!

  • XOGO DE PISTAS PARA FAMILIAS: de balde con inscrición previa.
A través deste xogo, adultos e pequenos compartirán momentos de diversión á vez que coñecen máis da arte urbana de Carballo e ven a localidade con outros ollos.

DATAS: do 12 de decembro ao 5 xaneiro.
LUGAR: recollida de pistas no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS
PREMIO PARA OS PARTICIPANTES QUE REMATEN O XOGO

Todas as actividades respectan as medidas de seguridade e os límites de aforo marcadas pola COVID-19. Así que, xa podedes gozar do Nadal con nós!!!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica