Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O autocross volve a Carballo co Campionato de...

Compartir:

O autocross volve a Carballo co Campionato de España

Máis de 100 vehículos disputarán unha das probas decisivas a fin de semana do 9 ao 11 de xullo; bulide que xa hai vendidas 270 entradas!

13 Autocross Carballo

7 de xullo de 2021 - O Circuíto de Motor de Bértoa acolle entre o 9 e o 11 de xullo o 13 Autocross Carballo, que volve ás pistas con récord de participación cunha proba decisiva do Campionato de España. Por primeira vez acadaranse os 117 vehículos, que aproveitarán ao máximo a capacidade das instalacións. E ademais de baterse o récord local, tamén rexistramos o número máis alto de participantes de todo o circuíto estatal neste 2021. Toas as categorías están moi emocionantes, pero especialmente a de kartcross. A organización recae nesta ocasión no Club Rally Coruña, que conta coa colaboración do Concello de Carballo. Precisamente Ernesto Rumbo, de Rally Coruña, sinala que "o circuíto de Bértoa é unha instalación na que lles encanta correr aos pilotos” e subliña a forte implantación do autocross en Carballo e Bergantiños e a gran calidade dos e das deportistas locais. De feito, unha das escasísimas mulleres participantes é a pontecesá Sandra García, que volve á competición con moitas gañas despois dunha época apartada dos circuítos.

Este ano, ademais da tradicional colaboración coa Cruz Vermella, incluirase tamén á asociación Aspaber (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). Por último, hai que incidir na importancia de que o autocross de Carballo sexa un evento seguro, e apelamos ao respecto das normas de prevención da COVID-19. O uso de máscara será obrigatorio e haberá límite de aforo. Xa están vendidas 270 entradas, polo que as persoas que non queiran arriscar poden realizar as súas reservas no número de teléfono 689 844 185.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica