Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo acolle o I Clinic de Salvamento e...

Compartir:

Carballo acolle o I Clinic de Salvamento e Socorrismo

Organizamos esta cita para axudar na formación de deportistas federados e técnicos con sesións teóricas e prácticas na praia de Razo

I Clinic de Salvamento e Socorrismo

1 de xullo de 2021 - Dende a área de turismo queremos axudar na formación de técnicos e deportistas federados dedicados ao salvamento e o socorrismo. Por iso, o sábado 3 e o domingo 4 de xullo celebramos o I Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo coa colaboración do Club de Salvamento Virsal (Virgentis Salvamento Bergantiños). A formación terá lugar entre o Fórum Carballo e a praia de Razo. O programa céntrase, por unha banda, na aprendizaxe da parte teórica das disciplinas de salvamento e socorrismo deportivo de sprint praia e bandeiras, e, por outra, na aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, que se complementarán coa visión dende o punto de vista da fisioloxía deportiva e a recuperació para a práctica destas disciplinas deportivas.

As inscricións deben realizarse enviando a <infovirsal@gmail.com>, debidamente cuberto, o documento en formato Excel que pode descargarse máis abaixo, xunto co protocolo COVID-19. Os poñentes do I Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo serán Javier Carballo, doutorado en Ciencias do Deporte, Máster Interuniversitario en Investigación da actividade física e deportiva, Graduado en Ciencias da actividade aísica e o deporte e adestrador superior de salvamento e socorrismo; Javier Teijeiro, diplomado en Fisioterapia e especialista en fisioterapia deportiva, e Paula Amado, campioa de España de bandeiras.

PROGRAMA

DIA 3 Parte teórica - FÓRUM CARBALLO (11.00 - 14.30 horas)

T1) Parte teórico-deportiva: Javier Carballo

¿Que preciso para ser un bo sprinter en area?

-Fundamentos biomecánicos aplicados
-Saídas de bandeiras e as súas grandes diferenzas, cal é a mellor saída?
-Aspectos técnicos da saída de bandeiras e da saída de sprint
-Diferenzas na técnica de carreira de bandeiras e de sprint
-A recollida da bandeira e a seguridade nos impactos
-A táctica entorno ás bandeiras

Como adestrar para conseguilo?
-Necesidades fisiolóxicas
-Métodos de adestramento da forza
-Métodos de adestramento da velocidade
-Adestramento compensatorio
-Planificación
Tempo da exposición aproximado: 60-90' por tema.

T2) Parte teoría terapéutica recuperativa: Javier Teijeiro (fisioterapia)
Tendinopatías: bases anatómicas e fisiolóxicas, biomecánica do tendón, tratamento das tendinopatías, exercicio e neuroplasticidade. Tempo da exposición: 30 minutos

T3) Parte experiencia deportiva: Paula Amado, atleta carballesa campioa de España
Exposición baseada na experiencia deportiva de alto nivel (rolda de preguntas sobre a experiencia nos campionatos gañados ou asistidos).

DIA 3 (16.30 a 20.15 horas) e DIA 4 (10.00 a 13.15 horas)

PARTE PRÁCTICA - PRAIA DE RAZO


1ª Clase Práctica
-Técnica de saída de bandeiras e sprint (saída de pivote, saída de pivote con xeonllos, saída de xeonllos, saída de tacos)

2ª Clase práctica
-Técnica de carreira (aceleración, velocidade, resistencia a velocidades elevadas)

3ª Clase práctica
-Recollida da bandeira e situacións tácticas

Horario: sesións de 45' a 1 hora dependendo do número de grupos, número de alumnos e o seu nivel físico.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica