Sendeirismo para todos os públicos: Primavera en ruta
O programa de andainas de Senda Nova cumpre doce anos co mesmo espírito de seguir dando a coñecer os lugares máis interesantes da comarca
OITO RUTAS
- O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños) - 18 abril. O patrimonio ecolóxico dos nosos ríos dende o corazón de Bergantiños. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
- CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Carballo) - 25 abril. Os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena. Distancia aproximada 7 quilómetros. Dificultade moi baixa.
- CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco) - 2 maio. O latexo da historia dende as corredoiras,. Distancia aproximada 18 quilómetros. Dificultade media.
- RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños) - 9 maio. A maxia dos petroglifos e megalitos. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
- COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños) - 23 maio. Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
- A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo) - 30 maio. Descubrindo muíños e batáns escondidos. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
- CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha) - 6 xuño. Os máis amplos horizontes cara o mar dende os mellores altares. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
- TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas) - 13 xuño. Soneira dende os balcóns salvaxes de Pico de Meda. Distancia aproximada 16 quilómetros. Dificultade media-baixa.
INSCRICIÓNS E PREZOS
- Base de Protección Civil de Carballo. 2º andar do Edificio do Antigo Ambulatorio Carballo. De luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
- Espazo da Natureza de Oza. Xoves e venres de 17 a 20 horas.
- Data límite de inscrición: Ata 2 días antes de cada roteiro.
- Prezos: Non socios, maiores de idade 6€ ; menores de idade 3€. Socios: maiores de idade 3€; menores de idade 1€ .
- Lugares de saída: Carballo: local de Senda Nova na rúa Venezuela; A Laracha: diante da Casa do Concello; Malpica: diante da Casa do Concello.