Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Este ano... non hai Entroido?

Compartir:

Este ano... non hai Entroido?

Convidamos a todas as veciñas e veciños a que nos manden vídeos e imaxes do seu Entroido, aínda que este ano non se celebre nas rúas pola COVID-19

Vídeo da Aula de Teatro Municipal

Entroido Carballo 2021

11 de febreiro de 2021 - Este ano, dada a incidencia de casos e de falecementos en Carballo por mor da COVID-19, o Concello de Carballo decidiu suspender todas as actividades programadas para o mes de febreiro, incluídas as celebracións públicas relacionadas co Entroido. Toca manter unha actitude responsable nesta situación de pandemia, e subliñar a importancia de evitar calquera tipo de evento que contribúa ao contacto social. Por iso, pregamos ás veciñas e veciños que todas as celebracións destas datas tan tradicionais se limiten ao ámbito doméstico e ás persoas conviventes. Pero, a pesar da situación, podemos manter viva a tradición dende as nosas casas.

Por iso, imos converter os fogares de todo Carballo no gran escenario do Entroido compartíndoo a través das redes sociais. Enviádenos fotos ou vídeos dos disfraces da rapazada (e das persoas adultas), do cocido, das filloas ou as orellas, das casas engalanada para a ocasión, dunha interpretación ou de calquera outro aspecto e/ou elemento alusivo ao Entroido. Mesmo podedes lembrar grandes momentos de Entroidos anteriores. “Comparte o teu Entroido” a través de Whastapp no número 604072887 e, por este ano, vivirémolo sen saír da casa. A Aula de Teatro Municipal xa fixo a súa propia interpretación deste Entroido cun vídeo que podedes ver nesta mesma nova, ou en Youtube, clicando aquí. Agardamos as vosas propostas!


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica