Este ano o calendario de Carballo faise desde as vosas ventás!
A partir do 12 de xaneiro veciñanza e visitantes poden recoller o almanaque gratuitamente no Museo de Bergantiños ata fin de existencias
Unidade, forza, paz, morriña, arte... postas de sol, Razo, Baldaio, paisaxes urbanas... son só algúns dos e das protagonistas deste calendario -que ten formato de sobremesa- no que agradecemos as fotos enviadas por Sandra Veiga Messmer, María José Lista Puga, Mario Ferreiro Negreira, Mar Longueira, Eva Lista Andrade, Bárbara Vilariño, Raquel Rey, Lidia Esmorís, Paula Sóñora González, Alicia María Vilas, María Costa Pereira, Noelia Rodríguez e as imaxes de todas as persoas que compartiron nas nosas redes sociais un anaco da súa vida cotiá durante os meses de abril e maio... Clicando AQUÍ podedes ver todas as fotografías que recibimos eses días, cerca de 100.
Como recollelo!
Ademais de coas fotografías, o almanaque conta, como en cada edición, cunha sección de teléfonos de interese do Concello, onde están recollidos os números dos edificios municipais, de seguridade, atención e asistencia ou dos medios públicos de transporte, como os taxis e a estación de autobuses. Calquera pode recoller o calendario de forma gratuita no Museo de Bergantiños no seu horario habitual: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas; os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; domingos non feirados e luns, pechado. Os calendarios repartiranse ata fin de existencias. Así que bulide antes de que se acaben para poder mirar "Carballo dende a túa ventá"!