Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Autocine de Nadal os días 2, 3 e 4 de xaneiro!

Compartir:

Autocine de Nadal os días 2, 3 e 4 de xaneiro!

Por cada tícket de compra obtido en empresas de Carballo datado a partir do 12 de decembro por un importe mínimo de 20€, gañas unha entrada!

Autocine de Nadal

NOVAS RELACIONADAS:

Este Nadal, en Carballo!
Ao redor dos muros en Nadal!
Gasta en Carballo e gaña este Nadal!

16 de decembro de 2020 - Estades preparados para unha boa sesión familiar de cinema e flocos de millo? Coa campaña "Este Nadal en Carballo", por calquera ticket obtido en empresas, establecementos comerciais ou locais hostaleiros da vila (excepto alimentación e farmacias) por un importe igual ou superior a 20€ teredes dereito a reservar entradas para calquera das películas das sesións de Autocine que terán lugar no Parque Empresarial de Bértoa os días 2, 3 e 4 de xaneiro. A reserva poderá realizarse ata completar o aforo das sesións, así que, bulide!

Cal é o sistema para obter a túa entrada? Ben sinxelo:

  • Presenta o teu tíquet en calquera dos dous puntos de validación que poñemos á túa disposición: Museo de Bergantiños e Biblioteca Rego da Balsa.
  • Con cada tíquet recibirás un boleto cun código.
  • Tamén podes subir directamente unha foto do ticket por un importe mínimo de 20€ na páxina de inscrición.
  • Clica AQUÍ e introduce o código proporcionado ou a foto do tícket.
  • As reservas faranse por orde de solicitude e ata cubrir as prazas dispoñibles:
  • En cada sesión poderán participar 90 coches, que poden estar ocupados por un máximo de cinco persoas convivintes.
  • Haberá un total de nove sesións entre os días 2, 3 e 4 de xaneiro.


Ligazóns

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica