Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Gasta en Carballo e gaña este Nadal!

Compartir:

Gasta en Carballo e gaña este Nadal!

Por compras superiores a 20€ ou 30€ nas tendas ou locais hostaleiros da nosa vila poderás gañar unha sesión de autocine ou unha viaxe

NOVAS RELACIONADAS:

Este Nadal, en Carballo!
Ao redor dos muros en Nadal!
Autocine de Nadal os días 21, 22 e 23 de decembro!

Este Nadal en Carballo

14 de decembro de 2020 - “Este Nadal en Carballo”. Con este lema queremos axudar a todas e todos os carballeses a que podan gozar das nosas tradicións e da maxia destas datas malia os peches perimetrais e as restricións sanitarias. Por iso, para que o Nadal estea máis vivo ca nunca, lanzamos unha campaña con distintas accións encamiñadas a potenciar o consumo local como unha das fórmulas que nos axudará a superar a crise derivada da COVID-19. Elementos decorativos e ornamentais nas zonas máis comerciais, citas de lecer e o sorteo de premios son só algunhas das cousas que poderas atopar estes días en Carballo.

Empezamos co reparto de premios, xa que a partir do sábado 12 de decembro non debes tirar os tíquets de compra, porque cada recibo de calquera empresa, establecemento comercial ou local hostaleiro do municipio de Carballo (excepto alimentación e farmacia) por valor de 20€ ou máis pode ter premio! Por un importe superior a 20 euros de compra terás opción a reservar praza nunha sesión de auto-cine. Este é o sistema:

  • Presenta o teu tíquet en calquera dos tres puntos de validación: Museo de Bergantiños, Mercado Municipal e Biblioteca Rego da Balsa.
  • Con cada tíquet recibirás un boleto cun código.
  • Entra na páxina web do programa, que estará operativa a partir da semana que vén e, utilizando o código que figura no boleto, reserva para a película e a sesión que prefiras.
  • As reservas faranse por orde de solicitude e ata cubrir as prazas dispoñible.
  • En cada sesión poderán participar 90 coches, que poden estar ocupados por un máximo de cinco persoas conviventes.
  • Ofreceremos un total de nove sesións entre os días 21, 22 e 23. Os títulos das películas, os horarios e o enderezo da páxina web para facer a reserva daranse a coñecer a semana que vén.

Sorteo de tres viaxes

Pero aínda hai máis, porque co obxectivo de axudar tamén ás axencias de viaxes, que constitúen outro dos sectores máis castigados pola crise do coronavirus, tamén realizaremos un sorteo de tres viaxes, que as persoas gañadoras poderán desfrutar tan pronto como as condicións sanitarias o permitan (agardamos que sexa o antes posible). Para participar só tes que realizar unha compra por valor de 30 euros ou superior en empresas, tendas ou locais hostaleiros e introducir o boleto que se che facilitará en calquera dos puntos de validación (os mesmos que para o auto-cine), cos teus datos persoais, nas urnas que estarán situadas neses mesmos lugares.

Concurso de Facebook

Por último, ofrecemos outra oportunidade de gañar agasallos a través dun concurso no Facebook de Turismo Carballo. Para poder participar no concurso, quen teñan realizado unha compra dun mínimo de 20€ e garden o tícket deberán: 
  • Compartir públicamente no seu perfil persoal de Facebook o post creado para o concurso e que estará fixado no Facebook de Turismo de Carballo entre o 23 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021. 
  • Subir ao post dedicado ao concurso unha imaxe de temática de Nadal na que se vexa claramente o alumeado de Nadal, os bastóns decorativos, o reno do Xardín Municipal ou calquera outra decoración de rúa de Carballo, e que leve acompañado o hashtag #EsteNadalEnCarballo.

As 10 imaxes que teñan más reaccións (“gústame”, “encántame”, “impórtame”, “divírteme”, “asómbrame”, “entristéceme” ou “enfádame”) acumuladas entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro recibirán como premio un lote de material promocional de Turismo Carballo e serán publicadas como gañadoras en todas as redes sociais de Turismo Carballo (Facebook, Twitter e Instagram).

Moita sorte!!!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica