Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Rutas // A ruta das praias

Compartir:

A ruta das praias

Percorre, coas ondas acariñando os pés e o cheiro a salitre na pel, o litoral comprendido entre Razo e Baldaio.

[Mapa online: https://goo.gl/pzxMSM]

As e os carballeses adoran este percorrido entre Razo e Baldaio, ao redor de cinco quilómetros que constitúen o complemento idóneo para un longo día de praia.

Mais unha ruta completa pola costa de Carballo ha de comezar antes, en Santa Mariña, e finalizar alén os lindes de Baldaio e a Pedra do Sal, na praia de Leira. En total, once quilómetros, dende os límites con Malpica até as proximidades de Caión, que propoñemos percorrer a pé, respirando fondo o alento do mar.

Praia de Razo-Baldaio

Praia de Razo-Baldaio

A ruta atravesa todo o litoral do concello de Carballo. Gozarás de estupendas vistas do océano, como a que ofrece o miradoiro de Santa Mariña, onde o horizonte se estende dende Malpica até Punta Langosteira, preto da Coruña.

Praia

Encontrarás bulicio no areal de Razo, o máis concorrido da zona; tranquilidade en Baldaio, espazo natural protexido recoñecido pola UE como zona de especial protección para as aves, e intimidade nas calas e pequenas praias que atoparás entre as rochas, dende a Pedra do Sal até o antigo porto baleeiro de Caión.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader