Primavera enDanza cumpre 18 anos este outono!
Esta edición celébrase do 27 de novembro ao 7 de decembro e reivindica a cultura segura programando cinco espectáculos de danza contemporánea
Este ano, as diferentes montaxes artéllanse arredor dun elemento común, que é a reivindicación da figura da muller, protagonista absoluta desta “Primavera enDanza en outono”. Ademais do seu interese intrínseco, a danza contemporánea é unha manifestación artística con gran repercusión nas artes escénicas actuais que ten un alto potencial creativo, de innovación e de experimentación. Así que se queres estar á última nas propostas do audiovisual, a imaxe, a música e o movemento non podes faltar.
PROGRAMA
Este é o programa:
- Venres 27 de novembro (20.30 horas): Directo 9, da compañía galega Pisando Ovos.
- Sábado 28 de novembro (20.00 horas): Leira, da Nova Galega de Danza, con música do carballés Sergio Moure.
- Sábado 5 de decembro (20.00 horas): Sintempo, da compañía madrileña de Sara Cano, premiada recentemente co Max á mellor coreógrafa do 2020.
- Domingo 6 de decembro (20.00 horas): Médula, da compañía galega Exire, integrada por Ana Beatriz Pérez e a carballesa Alba Fernández.
- Luns 7 de decembro (20.30 horas): Alma (non é hippie), espectáculo de danza aérea co Colectivo Verticalia & Pistacatro.
ENTRADAS
Debido ás restricións sanitarias vixentes, só se poñerán á venda 30 entradas para cada espectáculo. Poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura dende 60 minutos antes do inicio da actuación. Os prezos son de 4 euros (3 para colectivos con desconto) para as sesións dos días 27 de novembro, 6 e 7 de decembro, e de 5 euros (3,5 reducido), para os días 28 de novembro e 5 de decembro.