Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A primeira edición 100% na túa casa do Carballo...

Compartir:

A primeira edición 100% na túa casa do Carballo Interplay arrinca na rede coa webserie Xan

O festival de contidos dixitais emite dende mañá e até o domingo 21 de novembro a súa séptima edición por Youtube, Facebook e Twitch


NOVAS RELACIONADAS:
Chega o festival de contidos dixitais Carballo Interplay: do 18 ao 21 de novembro!
Brays Efe, Living Postureo, Percebes y Grelos ou Lorena Iglesias: no VII Carballo Interplay
31 webseries de Europa e América compiten na sección oficial do VII Carballo Interplay
A evolución da crise sanitaria obriga ao Carballo Interplay a trasladar todas as actividades á rede

17 de novembro de 2020
- O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay abre mañá mércores 18 de novembro a súa primeira edición "100% na túa casa", coa estrea mundial de Xan, unha comedia millenial cun certo ton surrealista dirixida por Lucía Estévez con guión de Miguel Canalejo, que tamén a protagoniza. A emisión de todos os contidos desta séptima edición do Interplay será de acceso libre e gratuíto a través de Youtube, Facebook e Twitch. Así, as persoas interesadas poden asistir e compartir as súas opinións e comentarios sobre a webserie e sobre todos os contidos do festival, de maneira gratuíta e dende a súa casa, o mércores 18 a partir das 22.00 horas a través de calquera das tres plataformas.

Ademais, as mesmas plataformas acollerán unha hora antes, ás 21.00 horas, o acto de apertura oficial do 7º Carballo Interplay, que contará coa participación dos membros do Xurado Oficial -Brays Efe, Andrea Gumes, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabarés e Guillermo Zapata- e Xurado Novo -Laura Méndez, Antía Suárez e Jaime Regueiro- ademais dos principais patrocinadores do evento: Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica en Carballo; Pablo Fontenla, presidente da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA); Enrique Lojo, presidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG); Ana Domínguez, da coordinadora de festivais de Galicia Proxecta. Conducirá a apertura a directora do Carballo Interplay, Sonia Méndez. As persoas interesadas poden asistir e compartir as súas opinións e comentarios, de xeito gratuíto e dende a súa casa, ás 21.00 horas en Youtube, Facebook e Twitch.

Argumento de Xan

Xan non fala, pero é quen de analizar todo o que acontece ao seu redor. Fai unha vida bastante normal, ten colegas cos que pasa as tardiñas, come xeados e le banda deseñada, pero sempre hai algo que desestabiliza o equilibrio natural da súa existencia. Ás veces son intrincados dilemas morais ou inxustizas que non pode aturar. Outras veces é un tema de trap que o arrastra dentro dun videoclip en formato 4:3. Calquera cousa pode acontecer no seu mundo. Calquera cousa, menos a súa propia voz. A serie, que gañou o concurso de proxecto da pasada edición do festival, conta cunha chea de colaboracións de actores e actrices galegas como Irene Lorenzo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Sila Sicilia, Marta Doviro, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Víctor Duplá, Xoán Fórneas, Santi Cuquejo ou Lucía Regueiro, entre moitos outros.

PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL

  • MÉRCORES 18
21h00. Apertura do VI Carballo Interplay (Só en directo)
22h00. Estrea de Xan, de Lucía Estévez. Serie gañadora do pitching 2019 (Só en directo)  

  • XOVES 19
11h00. Mulleres nos videoxogos e eSports + Presentación de Nerfeadas, documental sobre o machismo nos videoxogos. Con Minia Monteagudo “Samku” e Marina Amores “Blissy”.
12h30. Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego. Con Miguel Silva Conde (Aquel-e).
16h30. En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie.
18h30. Encontro Podgalego. Con Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke) e Té con Gotas.
20h00. Sección oficial. Bloque Galicia. (Só en directo)
22h00. Estrea “Amnesia 3.0”, de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin. Webserie gañadora do pitching 2019. (Só en directo)

  • VENRES 20
11h00. Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais. Con Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr). En colaboración con CREA.
12h30. Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla. Con Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta.
18h30. Sección oficial. Bloque internacional 1. (Só en directo)
20h00. Sección oficial. Bloque estatal 1. (Só en directo)
21h30. Estirando el chicle. Con Percebes y Grelos e Living Postureo.
23h00. Necroshow. Con Lorena Iglesias.

  • SÁBADO 21
11h00. Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina. Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos).
12h30. Presentación Radio Primavera Sound con Marta Salicrú + Ciberlocutorio, podcast en directo con Anna Pacheco e Andrea Gumes. Convidado: Brays Efe.
17h00. Sección oficial. Bloque internacional 2 (Só en directo)
18h30. Sección oficial. Bloque estatal 2 (Só en directo)
20h00. Encontro con Verto.
22h00. Gala de clausura.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica