Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Os bonos para gastar en empresas de Carballo:...

Compartir:

Os bonos para gastar en empresas de Carballo: dispoñibles a partir do 15 de setembro

Todas as persoas maiores de 18 anos empadroadas no municipio poderán solicitar a tarxeta Sempre Carballo para gastar 30€ até o 30 de novembro

Sempre Carballo

Se eres maior de 18 anos e estás empadroado en Carballo estás de noraboa: poderás conseguir a tarxeta "Sempre Carballo" para gastar 30 euros no tecido empresarial do municipio. A tarxeta implica unha subvención directa e universal para todas aquelas persoas maiores de idade empadroadas en Carballo a 31 de xullo de 2020 e poderá obterse entre o 15 de setembro e o 15 de novembro. O importe poderá gastarse nas empresas que participen na campaña -que van dende comercios, ata restaurantes, perruquerías...- até o 30 de novembro. O trámite para conseguir a tarxeta bono "Sempre Carballo" -que terá carácter nominativo- deberá realizarse a través da páxina <www.semprecarballo.gal> a través do formulario que se facilitará na propia web.

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, destina a este programa un total de 700.000 euros co obxectivo de reforzar os sectores económicos máis afectados pola COVID-19, utilizando unha fórmula que foi consensuada co movemento asociativo e empresarial por considerar que é a que mellor pode incidir na reactivación da economía local e a que maior efecto multiplicador pode ter, xa que a totalidade dos fondos vaise consumir exclusivamente en empresas que teñan o seu domicilio fiscal ou desenvolvan a súa actividade no Concello de Carballo, e que unicamente deben cumprir dous requisitos: que a súa actividade se vise afectada durante o estado de alarma e dispoñer de TPV para poder realizar as transaccións.

Novo prazo de adhesión para as empresas

Por outra banda, aínda que xa hai máis de 200 empresas adheridas á campaña, abrirase un novo prazo entre o 1 e o 10 de setembro, por se hai máis que queiran sumarse. As solicitudes de adhesión realizaranse a través da web específica da campaña <www.semprecarballo.gal>. Hai que lembrar que poden anotarse todo tipo de empresas cuxa actividade se vise afectada pola COVID-19 durante o estado de alarma.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica