Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve o Verán Cultural!

Compartir:

Volve o Verán Cultural!

O programa carballés de espectáculos para o período estival regresa con todas as garantías de seguridade e prevención contra a COVID-19

Verán Cultural


Co verán, a cultura volve á rúa en Carballo e volveremos gozar de actividades culturais presenciais cunha versión adaptada á novas circunstancias dun programa referente na programación cultural estival da nosa comarca, o Verán Cultural, unha proposta da Concellaría de Cultura de Carballo cunha longa traxectoria de máis de 20 anos.Tras a suspensión de actividades culturais presenciais derivada da COVID-19 preséntase a primera programación cultural presencial do Concello.

A proposta mantén o espírito e obxectivos do Verán Cultural de anteriores edicións, de presentar unha oferta diversa de calidade, atractiva para desfrutar das noites de verán, centrada na música pero coa presenza doutras disciplinas como as artes escénicas e a consideración de públicos de todas as idades, comprometida co sector cultural galego, con presencia de formacións carballesas, con carácter gratuíto... Pero cun formato adaptado á situación que estamos vivindo na que é preciso actuar con prudencia e responsabilidade unindo tamén o compromiso co sector cultural e cos cidadáns.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica