Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Actividade física ao aire libre para esta...

Compartir:

Actividade física ao aire libre para esta primavera-verán

A Asociación Ambiental Senda Nova recupera o seu tradicional programa de andainas, Primavera en ruta, con 7 propostas até o 30 de agosto

Primavera en ruta

Esta primavera estamos multiplicando as nosas actividades ao aire libre por mor da pandemia da COVID-19. As rúas, os camiños, os roteiros, as praias, os montes... estanse enchendo de xente que practica exercicio desfrutando da natureza. E se queredes facelo con todas as medidas de seguridade e coa guía de persoas que coñecen á perfección o noso territorio, non podedes perder unha nova edición da Primavera en ruta, un programa de andainas que este ano se estende ata finais de agosto e que ofrece unha oportunidade única de coñecer a nosa comarca. Organizada pola Asociación Ambiental Senda Nova, trátase da actividade máis antiga da entidade -con 11 anos de vida- e un dos máis importantes proxectos da zona para poñer en valor o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través das camiñadas.

Nesta edición, e por mor da COVID-19, vanse introducir algúns cambios nas rutinas das andainas. Os principais son que: as prazas serán limitadas; será obrigatorio para todas as e os participantes que leven con eles a súa máscara e que respecten as indicacións dos monitores en canto ás medidas de protección; para as inscricións deberán levar a súa propia ficha cuberta aos lugares de apuntamento (unha por persoa; pode descargarse AQUÍ); hai que levar os gastos de inscrición xustos e en efectivo; e, como medida de aforro de plásticos, recoméndase levar de casa unha cantimplora reutilizable con auga.

Sete percorridos

  • O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños) -21 xuño. Distancia aproximada 18 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco) - 28 xuño. Distancia aproximada 18 quilómetros. Dificultade media.
  • A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo) - 5 xullo. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños) - 12 xullo. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños) - 19 xullo. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha) - 23 agosto. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas) - 30 agosto. Distancia aproximada 16 quilómetros. Dificultade media-baixa.

INSCRICIÓNS E PREZOS

  • Base de Protección Civil de Carballo. 2º andar do Edificio do Antigo Ambulatorio Carballo. De luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
  • Museo de Bergantiños (rúa Martín Herrera, nº 8). Os mércores de 16.30 a 19.30 horas.
  • Espazo da Natureza de Oza. Xoves e venres de 17 a 20 horas.
  • Data límite de inscrición: Ata 2 días antes de cada roteiro.
  • Prezos: Non socios, maiores de idade 6€ ; menores de idade 3€. Socios: maiores de idade 6€; menores de idade 1€ .
  • Lugares de saída: A Laracha: diante da Casa do Concello; Carballo: local de Senda Nova na rúa Venezuela; Malpica: diante da Casa do Concello; Baio: parada de bus. Zas: diante da Casa do Concello. No Concello de Carballo a hora de saída é as 21.15 horas.

+ INFO

As rutas duran toda a xornada do domingo, na que o grupo permanecerá unido, tamén na hora do bocata, que se reparte á saída. Hai hora de saída pero a hora de volta depende de cada ruta. O transporte recolle aos participantes nas saídas e horarios establecidos e déixaos no mesmo lugar ao rematar a actividade. Prégase puntualidade, levar un calzado axeitado (a poder ser con membrana impermeable) e roupa axeitada. Convén levar mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e a cámara de fotos.

Se xa o tendes todo listo... só queda que vos apuntedes a un ano máis de andainas con Senda Nova!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica