Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Descobre Carballo dende a túa ventá…

Compartir:

Descobre Carballo dende a túa ventá…

Animamos á veciñanza a que nos envíe imaxes e textos para publicar en redes sociais describindo o que ven dende as súas fiestras estes días

Carballo dende a rúa ventá


Dende a Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo convidamos a todos os carballeses e carballesas a que compartan nas nosas redes sociais o que ven dende as súas ventás, balcóns, terrazas, xardíns ou mesmo eiras para axudarnos a todas e todos a levar mellor estes días de confinamento na loita contra o COVID-19. O obxectivo da iniciativa, titulada Carballo dende a túa ven, é animar ás veciñas e veciños, coñecer mellor cada recuncho do noso concello, descubrir novas paisaxes e puntos de vista e tamén, por que non, pasar o tempo nestes días difíciles.

As e os participantes que envíen os textos e imaxes poderán gañar un xantar ou cea en establecementos hostaleiros de Carballo

Coa foto, convidámosvos a engadir un pequeno texto que non supere os 280 caracteres (os máximos contidos nun tweet) contándonos como estades levando o confinamento, como vos sentides, o que vos inspira a paisaxe dende a vosa fiestra… o que queirades. Animámosvos a ser creativas e creativos, tanto coas imaxes como cos textos que as acompañen. Poderedes gañar un xantar/cea nun local de Carballo!

Facernos chegar as vosas fotos é moi sinxelo:

  • Ou a través de WhatsApp no número de teléfono 698156402

Inundar as redes con imaxes de Carballo até o 10 de maio

Vista dunha rúa de Carballo

Vista dunha rúa de Carballo | 📷 Turismo Carballo

Podedes facelo até o 10 de maio e será necesario que tamén nos facilitedes o voso nome completo. Seleccionaremos as mellores imaxes e textos para subilos nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) mencionando ao autor ou autora e co hashtag #CarballoDendeATúaVentá e así ir construíndo pouco a pouco un mural da realidade que vivimos estes días. Ademais, cando todo isto pase, organizarase unha exposición cunha selección das mellores imaxes e textos e  tamen se realizará unha publicación con esta selección para deixar testemuño das contribucións da cidadanía. A organización resérvase o dereito de non publicar / eliminar todas aquelas imaxes que non sexan acordes co obxectivo do proxecto.

Por último, todas as persoas que nos envíen as súas propostas (imaxe + texto) e os seus datos por enderezo electrónico e por WhatsApp entrarán no sorteo de 10 xantares/ceas en establecementos de Carballo que poderán desfrutar cando todo volva á normalidade. E oxalá que sexa pronto.

E, por suposto, se queredes subir imaxes pola vosa conta e encher as redes con vistas de todo Carballo, tamén podedes facelo simplemente etiquetándonos nas nosas redes sociais e empregando o hashtag #CarballoDendeATúaVentá. Iso si, só entrarán no sorteo das experiencias e terán a posibilidade de saír na exposición e na publicación aquelas que nos enviedes por correo electrónico ou por WhatsApp.

Así que, xa sabedes, enchede de imaxes as redes sociais para que todas e todos poidamos ver cada recuncho de Carballo sen saír da casa. Preparándonos para cando todo isto pase!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica