Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O mellor ao mellor prezo: na Feira das...

Compartir:

O mellor ao mellor prezo: na Feira das Oportunidades de Carballo!

Este ano participan 26 establecementos que ofrecen produtos que van dende roupa e calzado ata automoción ou decoración

Feira das Oportunidades

A finais de inverno, en Carballo sempre tendes a oportunidade de facervos coas últimas gangas da tempada. Porque dende fai xa 12 anos as rebaixas non rematan ata que non se celebra a Feira das Oportunidades, na que o comercio de Carballo participa con descontos que superan en moitos casos o 40 e o 50 por cento. A feira celébrase o sábado 7 e domingo 8 de marzo nunha carpa de case 1.000 metros cadrados no Parque Rego da Balsa, na que está previsto recuperar a tarima e mellorar os probadores. Tamén hai este ano novidades nos horarios con apertura o sábado de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o domingo, de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Desta volta participan 26 establecementos dos sectores máis variados: A Fragua de Mo, A Fragua Kids, Adamela, Alonso Moda, Atelier, Atmósfera Sport, Automóviles Vilas Rama, Benetton, Calzados Susa, Deportes San Remo, DV Carballo, Ekate, Federópticos Nicolás, JGCar, Mímate, Miriñaque, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Necos, O Barco dos Soños, O Rastrillo, Poppy, Regalos y Regalitos.com, Style, Zapatillería Isabel e Zocas. Téxtil, calzado, deporte, automoción, complementos, óptica, decoración... todo aos mellores prezos. E as cifras de edicións anteriores falan por si soas. Segundo as estimacións da asociación, a feira recibiu o ano pasado arredor de 25.000 visitas e o volume de ventas acadou os 400.000 euros.

Así que, xa sabes, se quedaches con gañas de darte algún capricho, visítanos!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica