Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo reparte máis de 8.000 euros no Entroido...

Compartir:

Carballo reparte máis de 8.000 euros no Entroido 2020

O Concurso de disfraces, comparsas e carrozas será, como é habitual, o domingo de Entroido: este ano o domingo 23 de febreiro

Entroido Carballo 2020


O Entroido 2020 vén cargadiño de cousas. O Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, o Enterro da Sardiña, cotillóns, contacontos e foliadas, bailes para maiores, animación  de rúa, e a regueifa de Lupe Blanco. Todo entre o venres 14 e o sábado 29 de febreiro. Como cada ano, a cita más concorrida do Entroido carballés é o concurso que sempre ten lugar o domingo de Entroido, nesta ocasión o 23 de febreiro. A contía dos premios supera os 8.000 euros!

Outra das actividades que máis público vai gañando cada ano é o Enterro da Sardiña, que terá lugar o martes 25 de febreiro a partir das 19.00 horas. Como en anteriores edicións estará coordinado pola Aula Municipal de Teatro, coa que colaborarán Vagalume Animación, Cruz Vermella e a charanga Santa Compaña, que animará e acompañará a comitiva. 

Vinde a Carballo no Entroido!!!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader