Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís reparte...

Compartir:

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís reparte máis de 3.000 euros en premios!

Tanto se eres profesional como afeccionado á fotografía, anímate a presentar as túas imaxes: tes de prazo até o 16 de marzo

Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Imaxes gañadoras da edición de 2019

Se che gusta a fotografía como afeccionado ou eres un profesional da imaxe tes unha cita en Carballo co Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que cada ano recibe multitude de interesantes obras, tanto de Galicia coma de fóra. Este ano a contía dos premios será superior aos 3.000 euros, co seguinte palmarés: 
  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
  • Accésits: 300 €, patrocinado por Interfilm Carballo.

Así que, se eres un experto do enfoque, dos trípodes, do encadre ou da luz ou se simplemente fas fotos chulas, non o dubides e presenta as túas obras. Cada participante terá a posibilidade de entregar un máximo de tres imaxes. As fotografías poderán ser en branco e negro ou cor, poderán ser naturais ou manipuladas, e o tema, agás no caso do Premio Especial Carballo, é libre.

Exposición coas obras presentadas

O certame, conta, ademais, con outro aliciente, xa que as obras gañadoras e unha escolma das presentadas ao concurso formarán parte dunha exposición colectiva que se realizará nun prazo máximo de catro meses dende que se faga público o fallo do xurado. Precisamente o xurado estará formado por persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe, por un representante das asociacións culturais do munipio e por un ou máis representantes do Concello.

Os gañadores e gañadoras do ano pasado foron Teresa Búa, Basilio Bello, Juan Rodríguez Pazos e César López Sambade.

Este ano ao mellor a gañadora é a túa proposta! Consulta as bases, presenta as fotografías e sorte!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica