Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Vive o Nadal Cultural en Carballo!

Compartir:

Vive o Nadal Cultural en Carballo!

Entre o 11 de decembro e o 6 de xaneiro o espírito destas datas inunda Carballo de citas e espectáculos coas nenas e nenos como protagonistas

Postal de Nadal 2019

Postal de Nadal 2019 (2º Premio)

Un ano máis volve o Nadal Cultural que inclúe as actividades que teñen lugar en Carballo durante estas datas. Coma sempre, as nenas e nenos son os protagonistas, con citas para pasar as vacacións rodeados de maxia. O Nadal Pequespectacular -con espectáculos para nenas e nenos con monicreques, teatro e música- a Cabalgata de Reis, as Panxoliñas, o Apalpador, os festivais, concertos e o Concurso de Cartel e Postal de Nadal son sempre protagonistas nestes días.

Cartel de Nadal 2019

Cartel de Nadal 2019 (1º Premio)

Precisamente a través deste concurso elíxese cada ano a imaxe para promocionar o programa do Nadal Cultural e a postal oficial de felicitación do Concello para estas datas. Este ano presentáronse 1.466 deseños!!! E aquí está a listaxe de gañadoras e gañadores:

  • Mía Cancela Viña, de 7 anos do Cra Ponte da Pedra-Escola de Verdillo. 1º premio. Cartel de Nadal, que se distribúe polas rúas e os comercios de Carballo.
  • Alba Eirín Castillo, 11 anos do CEIP Gándara Sofán. 2º premio, Postal de Nadal, que se utiliza para felicitar as festas dende o Concello e como portada do programa Nadal Cultural.
  • Nagore Calvelo Espasandín, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
  • Rafael Abelenda García, 8 anos, do Colexio Artai. Accésit.
  • Lucía Bermúdez Chouciño, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
  • Jorge Lago Pérez, 6 anos, do CEIP Bergantiños. Accésit.
  • Lucía Vázquez Mato, 11 anos, do Colexio Artai. Accésit.

Felices festas a todas e todos!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica